Diferenzas entre revisións de «Historia do Exipto otomán»

m
m (→‎A ocupación francesa: Arranxos varios)
A destrución da frota francesa na [[Batalla do Nilo]] e o fracaso no intento de arrestar a Murad Bey no [[Alto Exipto]] destruíron a fe na súa invencibilidade que tiñan os exipcios. Como consecuencia de certas innovacións mal recibidas, as relacións entre conquistadores e conquistados empeorou até que, con motivo da introdución dun imposto sobre bens inmóbeis, estalou unha insurrección no [[Cairo]] en [[1798]] centrada na Universidade de Azhar. Asasinaron o xeneral francés Dupuy, tenente-gobernador do Cairo. O alzamento foi suprimido mais os cairotas sentíronse moi ofendidos de ver que a cabalaría francesa ocupaba a mesquita de Azhar.
 
O consello deliberativo foi substituído polos dous [[diván]]s que crearan os turcos. Napoleón venceu outra vez as forzas de Murd Bey e Ibraihim Bey e tornou a [[Francia]] deixando o xeneral Kléber como gobernador de Exipto. A Porta, coa axuda de tropas inglesas comandadas por [[Sidney Smith]], tentou recobrar Exipto e forzou unha convención en [[1800]] segundo a cal os franceses debían abandonalo. Kléber foi asasinado por un fanático e substituído polo [[Barón de Menou]], que profesara o Islam e tentara reconciliarse coa poboación musulmá excluíndo os cristiáns do diván, substituíndo os [[copto]]s e impoñéndolle un imposto aos franceses. En [[1801]] os ingleses desembarcaron e xunto cos turcos lograron expulsaron aos franceses.
 
Do período da ocupación francesa a obra máis duradeira foi a ''[[Descrición do Exipto]]'', compilada polos estudosos que acompañaron a expedición.
387.713

edicións