Diferenzas entre revisións de «Also sprach Zarathustra»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios)
A segunda parte comeza coa estancia do protagonista durante anos nas montañas, e como da primeira vez, sente a necesidade de transmitir e ensinar aos demais o que aprendeu e intenta facerlles ver a aguia e a serpente a felicidade de regresar cos humanos. Nas Illas Afortunadas fálalles aos seus amigos de Deus como algo enfrontado o que fai que o home sexa creativo, e lévao a conclusión de que os homes deben orientarse segundo as directrices do superhome. As razóns que aporta para isto están en que este ser é o sentido da Terra, isto é, o sentido das cousas desde a capacidade de creación do ser humano a partir do continxente, da corporeidade, do devir e do tempo, fronte a orientación divina que se move desde os principios do ilimitado, do imperecedoiro e do eterno, é dicir, desde a consideración da idea da transcendencia.
 
Ademais de continuar con temas da súa doutrina nos discursos, tamén compón cancións, nas cales expresa a dúbida de conseguir un obxectivo de autosuperación. Son cancións nas que manifesta que a solución a ese estado encóntrase na [[vontade]], aínda que tamén expresa o amor que sente. A personalidade do protagonista vaise perfilando cada vez máis, precisamente mediante o trazo de sentirse poeta; por un lado chega a entender que as comparacións e a linguaxe que emprega son propias dos poetas, e por outro, manifesta a contradición de sentirse fastíado deles polo feito de que se sente un espírito libre. Nas Illas Afortunadas segue cos seus discursos e desenvolve o concepto da [[vontade de poder]]. Isto explícao como a forza dinámica que fai que o home se poña en movemento e se supere tendo en consideración o intercambio de [[obediencia]] e mandato. Do contido dos seus discursos son destacables os que tratan sobre os compasivos, os sacerdotes, os virtuosos,... e en canto a forma do discurso ensina temas como a superación de si mesmo, os sublimes, o país da cultura, o inmaculado coñecemento, os deuses, os poetas etc.
 
Despois das primeiras experiencias na Illa do Volcán, comeza a idea do eterno retorno do idéntico, e ante o convencemento de que o que pode ofrecer coas súas doutrinas é un froito aínda non maduro, decide abandonar aos seus amigos na busca da soidade como medio para profundar os seus coñecementos.
 
Ao comezo da terceira parte nárrase a nova marcha de Zaratrusta. Aos catro días de abandonar as Illas Afortunadas diríxese a si mesmo falando sobre a boaventura non querida e de antes da saída do sol. Zaratrusta bótase a chorar antes de abandonar as illas xa que sente a soidade e o desexo de amar sen esquecerse de si mesmo.
 
Xa na viaxe, en barco desde as illas, conta a quen desexa escoitalo o contido do seu soño. Alí chama dunha maneira especial a identificación do personaxe coas experiencias e vivencias que está tendo a medida que a súa vida evoluciona. Deste modo, ten a oportunidade de seguir reflexionando sobre as ideas dos tres males: o [[egoísmo]], a ambición de [[poder]] e a [[voluptuosidade]]. A partir do soño coa serpe á cal lle arrinca a cabeza, comeza a sentir que vai sandar o mal do fastío que sempre o acompañou. Zaratrusta volve actuar como poeta que canta poemas nos que expresa a felicidade que lle proporciona o estado en que se sente, son unha loanza ao concepto de eterno retorno do idéntico.
O personaxe máis importante desta obra é o protagonista, [[Zaratrusta]]; a relación que este mantén cos demais limítase a unha acción que se centra nunha actividade dirixida por el e na que os seus discípulos, amigos ou compañeiros limítanse a mostrar unha actitude soamente pasiva ao longo da maior parte do argumento. Por outro lado, entre os personaxes débese ter en conta aos animais, cuxa actividade é máis activa en ocasións cá doutros personaxes humanos.
 
De comezo, podemos pensar que Zaratrusta é o profeta persa do mesmo nome, unha simbolización de [[Xesús de Nazaret]] ou unha simbolización do autor da obra.
 
''Así falou Zaratrusta'' é unha obra de [[fición]] aínda que nela haxa personaxes e acontecementos protagonizados por personaxes reais. Neste sentido pode dicirse que Zaratrusta é un personaxe de ficción e a narración que se fai da súa vida é tamén ficción. Podemos tamén pensar que se trata da figura de Xesús de Nazaret adaptada á nova doutrina. É tamén se pode pensar que sexa o profeta persa, a realidade é que o lector atópase cunha forma de enmascaramento detrás da cal se esconde o autor da obra e que Zaratrusta é sen máis unha forma de expresión literaria de Nietzsche e, en consecuencia, a expresión ficticia referencial desta persoa.
393.002

edicións