Vida silvestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 6:
{{Artigo principal|Destrución de hábitat}}
 
O [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] dunha especie dada é a área ou territorio preferido da mesma. Moitos procesos asociados cos humanos resultan na diminución deses territorios o cal reduce a [[capacidade de carga]] da área para esa especie. En moitos casos os cambios no uso da terra provocan unha [[fragmentación do hábitat|fragmentación da paisaxe silvestre]]. A terra de uso agrario frecuentemente mostra ese aspecto altamente fragmentado de hábitats relictuais. Trátase de granxas que alternan con bosques aínda non tallados.
 
Os exemplos de destrución de hábitat inclúen terras de pastura que eran orixinariamente monte, cambios no réxime de [[incendio]]s, tallado de bosques para uso da leña e drenaxe de humidais para a construción de cidades. Todos estes cambios afectan as poboacións de plantas e animais silvestres.
Liña 17:
=== Cadeas de extinción ===
 
Este grupo trata de efectos secundarios. Todas as poboacións silvestres de seres vivos teñen numerosas interrelacións cos demais seres vivos. Os animais herbívoros, como o [[hipopótamo]], conviven con poboacións de paxaros insectívoros que se alimentan dos seus parasitos. Se o herbívoro desaparece algunhas destas aves tamén serían afectadas. Certas plantas dependen de [[polinizador]]es específicos. Se o polinizador desaparece a planta tamén pode chegar a desaparecer. Á súa vez os herbívoros que dependen desa planta tamén sufrirían as consecuencias. É o que se adoita chamar o [[efecto dominó]], unha cadea de reaccións con efectos afastados. Estes procesos repercuten máis aló das especies inmediatamente afectadas e poden pór en risco á comunidade ecolóxica enteira.
 
== Véxase tamén ==
Liña 32:
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.vidasilvestre.org.ar/] Fundación Vida Silvestre Arxentina
* [http://vidasilvestreiberica.org/] Vida Silvestre Ibérica
* [http://www.mec.gub.uy/munhina/vs/index.htm] Fundación Vida Silvestre Uruguai
{{Control de autoridades}}