Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios
Liña 10:
[[Ficheiro:Perspiration stain on white cotton T-shirt.jpg|miniatura|Mancha de suor nunha camiseta branca de algodón.]]
 
A suor está formada principalmente por auga. Tamén contén en disolución sales [[sal mineral|minerais]], [[lactato]], e [[urea]]. A composición mineral varía co individuo, a súa aclimatación á calor, exercicio e suoración, a fonte específica de estrés ([[sauna]] etc.), a duración da suoración, e a composición de minerais do seu corpo. Unha indicación do contido mineral é: [[sodio]] 0,9 gramos/litro, [[potasio]] 0,2 g/L, [[calcio]] 0,015 g/L, [[magnesio]] 0,0013 g/L.<ref> Montain, S. J.; Cheuvront, S. N.; Lukaski, H. C. (2007). "Sweat mineral-element responses during 7 h of exercise-heat stress". International journal of sport nutrition and exercise metabolism 17 (6): 574–582. PMID 18156662.</ref> Tamén se excretan na suor moitos outros [[elemento traza|elementos traza]], dos cales unha indicación típica (aínda que poden variar en 50 veces) pode ser: [[cinc]] 0,4 miligramos/L, [[cobre]] 0,3–0,8 &nbsp;mg/L, [[ferro]] 1 &nbsp;mg/L, [[cromo]] 0,1 &nbsp;mg/L, [[níquel]] 0,05 &nbsp;mg/L, e [[chumbo]] 0,05 &nbsp;mg/L.<ref>{{Cita publicación periódica
|author = Cohn JR, Emmett EA
|title = The excretion of traces of metals in human sweat
Liña 32:
}}</ref> Probablemente moitos outros minerais traza menos abundantes saen do corpo coa suor en concentracións menores. Algúns compostos exóxenos incorpóranse á suor como por exemplo un composto oloroso non identificado que ""ole a [[xarope de pradairo]]" de varias especies de [[cogomelo]]s do xénero ''[[Lactarius]]''.<ref>Aurora, David "Lactarius fragilis" ''Mushrooms Demystified'' 1986 Ten Speed Press, Berkeley California</ref> Coa suor poden mesturarse células descamadas da pel.
 
A secreción das glándulas sudoríparas apócrinas é algo diferente, xa que é un fluído que contén tamén proteínas, lípidos e esteroides. A diferenza das glándulas écrinas que presentan unha secreción continua, as apócrinas segregan en xorros periódicos.<ref>Wilke, K.; Martin, A.; Terstegen, L.; Biel, S. S. (June 2007). "A short history of sweat gland biology" (pdf). International journal of cosmetic science 29 (3): 169–179. doi:10.1111/j.1467-2494.2007.00387.x. ISSN 1468-2494. </ref><ref> Spearman, Richard Ian Campbell (1973). The Integument: A Textbook For Skin Biology. Biological Structure and Function Books 3. CUP Archive. p. 137. ISBN 978-0-521-20048-6. </ref>
 
Nos humanos, a suor é hipoosmótica en relación co [[plasma sanguíneo]] <ref>{{Cita libro |title=BRS Physiology |edition=4th |first1=Linda S. |last1=Constanzo |page=155}}</ref> (é dicir, menos salgada). A suor ten xeralmente [[pH]]s moderadamente ácidos ou neutros, entre 4,5 e 7,0.<ref>{{Cita publicación periódica
Liña 63:
O ser humano ten como media entre dous e catro millóns de glándulas sudoríparas. A cantidade de suor liberado por cada glándula está determinado por moitos factores, como o sexo do individuo, a súa xenética, condicións ambientais, idade e o seu estado de forma. Dous dos principais factores que contribúen ao nivel de suoración son o estado de forma e peso da persoa. Se un individuo aumenta de peso, o seu nivel de suoración probablemente se incrementará porque o corpo debe producir máis enerxía para funcionar e hai unha maior masa corporal que arrefriar. Por outra parte, unha persoa en boas condicións empeza a suar antes e máis facilmente. A medida que unha persoa se pon en forma, o corpo empeza a regular a temperatura corporal máis eficientemente e as glándulas sudoríparas adáptanse xunto cos demais sistemas corporais.<ref>{{cite web|last=Hansen|first=Julieann|title=The Science of Sweat|url=http://certification.acsm.org/blog/2013/may/the-science-of-sweat|publisher=American College of Sports Medicine|accessdate=19 September 2013}}</ref>
 
A suor non é auga pura, xa que contén unha pequena cantidade (0,2–1%) de solutos disoltos. Cando unha persoa pasa de estar nunha zona de clima frío a outra de clíma cálido, ocorren unha serie de cambios adaptativos nos mecanismos da suoración. Este proceso denomínase aclimatación e durante el increméntase o nivel máximo de suoración á vez que decrece a súa composición en solutos. O volume de auga perdido pola suoración é moi variable, e vai de 100 a 8000 mL/día. A perda de solutos pode ser de ata 350&nbsp;mmol/día (ou 90&nbsp;mmol/día aclimatado) de [[sodio]] nas condicións máis extremas. Durante un exercicio intenso medio, as perdas por suor poden ser como media de ata 2 litros de auga á hora. En climas fríos e en ausencia de exercicio, as perdas de sodio son moi baixas (menos de 5 &nbsp;mmol/día). A concentración de sodio na suor é de 30-65&nbsp;mmol/L, dependendo do grao de aclimatación.
 
== Evolución ==
Segundo a hipótese da resistencia na carreira<ref> Bramble, Dennis; Lieberman, Daniel (November 2004). "Endurance running and the evolution of Homo". Nature 432. [http://www.nature.com/nature/journal/v432/n7015/abs/nature03052.html]</ref>, a suoración [[evolución|evolucionou]] nos antepasados humanos, como o ''[[Homo erectus]]'', para mellorar a disipación de calor durante a persecución prolongada das presas que cazaban. As presas eran máis rápidas, pero sobrequecían en carreiras longas, que os humanos podían manter, polo que finalmente tiñan que parar e podían ser capturadas. O sistema de disipación das presas era principalmente ampear, mentres que os humanos evolucionaron mellorando a suoración. Coa suoración a superficie pola que se perde calor é maior e é independente da respiración, polo que é un mellor método para refrescarse sen parar de correr. Como a suoración nos humanos está controlada a un nivel neuronal máis alto que noutras especies, isto permite unha maior produción de suor por unidade de superficie. Ademais, a evolución da suoración foi acompañada dunha perda progresiva de pelo corporal, o que tamén favoreceu a disipación.<ref> Carrier, D.R.; et al. (Aug–Oct 1984). "The Energetic Paradox of Human Running and Hominid Evolution". Current Anthropology 25 (4): 483–495. doi:10.1086/203165. JSTOR 2742907.</ref> A adaptación á carreira influiría tamén na evolución doutros sistemas corporais. Non obstante, esta hipótese ten tamén os seus críticos que consideran que esa non era a forma de cazar dos antigos ''Homo''. <ref> Pickering, Travis Rayne; Bunn, Henry (January 2007). "The endurance running hypothesis and hunting and scavenging in savanna-woodlands". Journal of Human Evolution (53) [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0047248407001327#].</ref>
 
== Suor e olor corporal ==
A suor contribúe indirectamente ao [[olor corporal]], xa que as [[flora da pel|bacterias da pel]] descompoñen algúns compoñentes da suor segregada polas glándulas apócrinas, principalmente as das axilas, ou das secrecións das [[glándula sebácea|glándulas sebáceas]], orixinando compostos olorosos como certos ácidos graxos ramificados hidroxilados ou insaturados, sulfanilalcohois, certos [[esteroide]]s, e os ácidos [[ácido butírico|butírico]] e [[ácido propiónico|propiónico]].<ref> Lundström, Johan N.; Olsson, Mats J. (2010). "Functional Neuronal Processing of Human Body Odors". Pheromones. Academic Press. p. 4. ISBN 978-0-12-381516-3. </ref><ref> Martin, Annette; Saathoff, Matthias; Kuhn, Fabian; Max, Heiner; Terstegen, Lara; Natsch, Andreas (2010). "A Functional ABCC11 Allele Is Essential in the Biochemical Formation of Human Axillary Odor". Journal of Investigative Dermatology 130 (2): 529–540. doi:10.1038/jid.2009.254. </ref> A súor das glándulas apócrinas é inodoro por si mesmo, pero na pel mestúrase co sebo das glándulas sebáceas (as dúas glándulas ábrense no mesmo [[foliculo piloso]]) e a acción das bacterias é a que orixina os compostos cheirentos.
 
== Notas ==