Midnight in Paris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 31:
| imdb =
}}
'''''Midnight in Paris''''' (''Medianoite en París'') é unha [[comedia]] romántica hispano-americana, escrita e dirixida por [[Woody Allen]] e producida polo grupo Mediapro e Allen's Gravier Productions. Presentouse no [[Festival de Cannes]] de 2011.
 
== Argumento ==
Midnight in Paris é unha comedia romántica ambientada en París que narra a historia dunha familia americana que viaxa á capital francesa por motivos de traballo, incluída unha parella de prometidos forzada a enfrontarse á ilusión de que unha vida diferente á súa puido ser mellor.
 
Gil e a súa prometida Inez están en París de vacacións coa súa familia, e por casualidade, atópanse cuns amigos. Gil é un exitoso pero insatisfeito guionista de Hollywood que agora traballa na súa primeira novela. Inez e os demais son moi escépticos coa idea. Unha noite, mentres paseaba só, Gil entra no coche duns agradables estraños. Gil decátase axiña de que foi transportado a 1920, unha época que admira e idolatra na súa novela. Mentres está alí, atópase e interactúa con coñecidos escritores e artistas da época que o axudan coa súa novela e coa súa vida. Ao final decátase de que a saudade dunha "época dourada" é un tema recurrente en calquera período de tempo, e que algúns prefiren ser nostálxicos dun pasado romántico no canto de aceptar o presente e o incerto futuro.