Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m <ref name="Priestley"/> a pesares de Banjo
m →‎Descubrimento: Arranxos varios
Liña 209:
Foi descuberto polo [[farmacia|boticario]] [[Suecia|sueco]] [[Karl Wilhelm Scheele]] que produciu osíxeno gaseoso quentando óxido de mercurio e varios [[nitrato]]s ao redor do ano [[1772]],<ref name="ECE500"/><ref name="ECE499"/> Scheele chamou ao gas «aire do lume», porque era o único apoio coñecido para a combustión, e escribiu un informe do seu descubrimento nun manuscrito que titulou «Chemische Abhandlung von der Luft und dem Feuer» («Tratado químico do aire e do lume») e enviouno ao seu editor en 1775, aínda que non se publicou ata 1777.<ref name="NBB300">{{Harvnb|Emsley|2001|p=300}}</ref>
 
O seu traballo non tivo recoñecemento inmediato, sendo en ocasións atribuído a [[Joseph Priestley]], que fixo un descubrimento independente o [[1 de agosto]] de [[1774]]. Este levou a cabo un experimento no que enfocou a luz solar sobre [[óxido de mercurio(II)]] (HgO) no interior dun tubo de cristal, que liberou un gas que el chamou «aire desfloxisticado».<ref name="ECE500"/><ref name="Priestley">{{Cita libro|url= https://books.google.com.au/books?id=AzaNwjoduM4C&printsec=frontcover&dq=flogisto&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjQme_1z_jNAhXKOhQKHSHVDEkQ6AEIHTAA#v=onepage&q=flogisto&f=false |título=Del flogisto al oxígeno|nome=John|apelidos=Cartwright |capítulo= Contexto histórico antes de la química en el siglo XVIII|lingua=es |isbn=9788460711117|editorial=Fundación Canaria Orotava|ano=2000}}</ref><ref name="ECE500"/> Notou que as candeas prendían máis vívamente no gas e que o rató estaba máis activo e vivía máis tempo mentres o respiraba. Tras inhalar el mesmo o gas, escribiu: «A sensación do gas nos meus pulmóns non era perceptiblemente diferente ao do aire normal, pero sentín o meu peito particularmente lixeiro e desafogado durante un intre despois».<ref name="NBB299Priestley"/><ref name="PriestleyNBB299"/> Priestley publicou os seus achados en 1775 nun artigo titulado «An Account of Further Discoveries in Air» («Informe de máis descubrimentos no aire»), que incluíu no segundo volume do seu libro titulado ''Experiments and Observations on Different Kinds of Air''.<ref name="ECE499"/><ref>{{cita publicación periódica|título = An Account of Further Discoveries in Air|nome = Joseph|apelidos = Priestley|revista = Philosophical Transactions|ano = 1775|volume = 65|páxinas = 384–94|doi = 10.1098/rstl.1775.0039}}</ref> Debido a que publicou os seus achados primeiro, Priestley adoita ser considerado o autor do descubrimento.
 
O famoso químico francés [[Antoine Lavoisier]] reclamou posteriormente ter descuberto a substancia de forma independente. No entanto, Priestley visitou a Lavoisier en outubro de 1774 e faloulle sobre o seu experimento e de como liberara o novo gas. Scheele tamén escribiu unha carta a Lavoisier o 30 de setembro dese mesmo ano, na que describía o seu propio descubrimento da substancia antes descoñecida, pero o francés nunca recoñeceu tela recibido. Logo da morte de Scheele atopouse unha copia da carta entre as súas pertenzas.<ref name="NBB300"/>