AWK: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
posta_funcionamento
Liña 139:
Algunhas das implementacións máis coñecidas son:
* [[proxecto GNU|GNU]] awk, ou ''gawk'', é outra implementación libre. Foi escrita antes de que a implementación orixinal fose publicada, e é amplamente utilizada. Case todas as [[distribución linux|distribucións de linux]] inclúen unha versión actualizada de ''gawk'' e ''gawk'' é recoñecido como a implementación estándar no mundo [[linux]]. A versión 30 de ''gawk'' foi incluída como ''awk'' na versión 5.0 de [[FreeBSD]]. As versións posteriores de BSD incluíron ''nawk'' para evitar o uso das [[GPL]], unhas licenzas de software libre máis restritivas que as BSD no sentido de que un programa publicado baixo a licenza GPL non pode ser modificado para converterse en propietario.
 
* ''[[xgawk]]'' é un proxecto libre baseado en ''gawk''. Este estende as funcionalidades de ''gawk'' para permitirlle o uso de librerías dinámicas.
 
* ''[[mawk]]'' é unha implementación AWK optimizada para ter maior velocidade, escrita por Mike Brennan e baseada nun intérprete [[bytecode]].
 
* Thompson ''awk'' ou ''[[TAWK]]'' é un [[compilador]] ''awk'' para [[MS-DOS]] e [[Microsoft Windows|Windows]], previamente vendido por Thompson Automation Software.
 
* ''[[Jawk]]'' é un proxecto que implementa ''awk'' en [[Linguaxe de programación Java|Java]]. Engádense extensións para a linguaxe para prover acceso a características de Java dentro dos programas ''awk'' (por exemplo, Java threads, sockets, Collections etc).