Partido Comunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
m Arranxos varios
Liña 2:
''Para os distintos partidos comunistas véxase [[Partido Comunista (homónimos)]]''
 
Un '''partido Comunista''' é aquel [[partido político]] que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do [[comunismo]] a través da política estatal. A orixe do nome ven do ''[[Manifesto Comunista]]'', publicado en [[1848]] por [[Karl Marx]] and [[Friedrich Engels]].<ref>{{cita web|título=Comunismo|url=http://www.etymonline.com/index.php?term=communism|editorial=Online Etymology Dictionary|dataacceso=25 de marzo de 2013}}</ref>
 
Segundo a teoría [[Leninismo|Leninista]], o partido Comunista é o [[partido de vangarda]] da [[clase obreira]] ([[proletariado]]), goberne ou non, pero cando un partido se atopa no poder nun estado determinado, o partido ten que ser a máxima autoridade da [[ditadura do proletariado]]. As teorías de [[Vladimir Lenin]] sobre o papel que debe ter un partido Comunista desenroláronse a comezos do [[século XX]] en [[Rusia]]. Os [[Socialdemocracia|socialdemócratas]] dividíronse nas faccións [[Bolxevismo|bolxeviques]] (que significa "maioría") e [[menxevique]]s (que significa "minoría"). Lenin, líder dos bolxeviques, sostiña que un partido revolucionario debería ser un pequeno partido de vangarda con un [[Centralismo democrático|mando político centralizado]] e unha estrita política sobre os seus membros; porén, a facción menxevique, argumentaba que o partido debería ter unha base cunha gran cantidade de membros. O partido bolxevique, que co tempo se converteu no [[Partido Comunista da Unión Soviética]], chegou ao poder en [[Rusia]] trala [[revolución de Outubro]] en [[1917]]. Coa creación da [[Terceira Internacional|Internacional Comunista]], o concepto leninista de partido estendeuse por todo o mundo a outros partidos comunistas emerxentes.
Liña 20:
 
== Nome ==
Na Internacional Comunista adoptouse un sistema de nomenclatura para os partidos Comunistas. Todos os partidos están obrigados a utilizar o termo 'Partido Comunista de (''nome do país''). Hoxe en día, hai moitas antigas seccións da Comintern aínda conservan este nome. Noutros caso estes cambiáronse. As causas máis habituais para este cambio era tentar evitar a represión que sufrían estes movementos por parte do estado<ref>Un exemplo deste cambio de nome é o [[Partido Suízo do Traballo]], que se fundou en [[1944]] para substituír ao ilegalizado [[Partido Comunista de Suíza]].</ref> ou buscar unha maior aceptación política.
 
Un exemplo típico desta última é o cambio de nome de varios partidos comunistas na [[Europa Oriental|Europa do Leste]] trala [[Segunda Guerra Mundial]], esta busca de aceptación tamén se veu na fusión dos [[Socialdemocracia|partidos socialdemócratas]].<ref>Esta tipo de fusións déronse en [[Alemaña do Leste]] ([[Partido Socialista Unificado de Alemaña]]), [[Hungría]] ([[Partido dos Traballadores Húngaros]]), [[Polonia]] ([[Partido Obreiro Unificado Polaco]]) e [[Romanía]] ([[Partido Comunista Romanés|Partido dos Traballadores Romaneses]]).</ref> Os novos nomes utilizados na posguerra eran '[[Partido Socialista]]', '[[Partido Socialista Unificado]]', '[[Partido Popular]]', '[[Partido dos Traballadores]]' e '[[Partido do Traballo]]'.