Diferenzas entre revisións de «Comunismo libertario»

m
Arranxos varios
m (Bot:Ligazóns a Florencia)
m (Arranxos varios)
O '''comunismo libertario''', tamén é coñecido como '''anarcocomunismo''', '''comunismo anarquista''' ou '''comunismo libre''' é unha [[ideoloxía]] [[política]] relacionada co [[socialismo libertario]], pero que non debería confundirse con el. O [[comunismo]] libertario é unha rama concreta do [[socialismo libertario]].
 
Hai que facer notar que pese a que o comunismo libertario é empregado como sinónimo de anarcocomunismo, non se trata necesariamente da mesma [[ideoloxía]]. Mentres que todos os anarcocomunistas son comunistas libertarios, non todos os comunistas libertarios son [[anarquismo|anarquistas]].
 
O anarcocomunismo foi concibido inicialmente na [[Italia]] durante a [[Primeira Internacional]], por [[Carlo Cafiero]], [[Errico Malatesta]], [[Andrea Costa]] e outros ex-republicanos de [[Mazzini]].
 
As súas ideas non diferían do [[anarquismo individualista]] e [[mutualismo (economía)|mutualismo]] de [[Pierre-Joseph Proudhon]] ata despois da morte de [[Mikhail Bakunin]]. Alí onde Proudhon apoiou a propiedade individual do produto do traballo, salarios, e un mercado de troco, os anarcocomunistas racharon con esa idea en oposición á propiedade individual, a eliminación dos salarios e a abolición do [[valor de intercambio]]. Cafeiro explica en ''Amarchi et Communisme'' que a propiedade privada do produto de traballo revertiría nunha desigual acumulación do capital e, polo tanto, nunha indesexable distinción de clases. [[Joseph Dejacque]] criticaba a Proudhon directamente, afirmando que ''"Non é sobre o produto do seu traballo sobre o que un traballador ou traballadora ten dereito, senón sobre a satisfacción das súas necesidades, independentemente de cal poida ser a súa natureza"''. En [[1876]], na Conferencia de Florencia da Federación Italiana da Internacional (que de feito tivo lugar nun monte nas aforas de [[Florencia]] debido á actividade policial), declararon os principios do anarcocomunismo, comezando con:
Algúns dos primeiros anarquistas individualistas pensaban que os elementos do anarco comunismo eran inconsistentes cos principios anarquistas. [[Benjamin Tucker]] chamou ao comunismo anarquista ''pseudo anarquismo''. Así a todo, moitos dos anarcoindividualistas desa época, coma o propio Tucker e [[Émile Armand]] sentían que tiñan moito en común cos anarco comunistas ou traballaban xuntos para difundir as súas ideas.
 
Proudhon, cuxas ideas foron rexeitadas polos anarco comunistas, no desenvolvmento da súa filosofía, dixo:
 
{{Cita|O Comunismo, como a miúdo critiquei, é a auténtica negación da sociedade na súa base, a cal é a progresiva equivalencia de funcións e capacidades. Os comunistas, cara os que tenden tódolos socialismos, non cren na igualdade por natureza e educación. Súplena por decretos soberanos que non poden soportar, sen importa-lo que fagan. En vez de buscar xustiza na harmonía dos feitos, tómana dos seus sentimentos, chamando xustiza a calquera cousa que lles parecese amor polo veciño e incesantemente confundindo feitos da razón con feitos emocionais.|}}
== Véxase tamén ==
* A [[Economía planificada]] e descentralizada á vez é un dos principios do anarcocomunismo
 
* o [[Comunismo anárquico]] é unha variante do comunismo libertario ao que lle agrega unha análise [[materialismo histórico|materialista histórico]]
 
387.734

edicións