Club Deportivo Zalaeta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 33:
O primeiro encontro de rugby que disputou o club enfrontou ó CD Zalaeta cun equipo doutro instituto de [[Ferrol]], o Saturnino Montojo, en novembro de [[1982]].
 
Coa fundación da [[Federación Galega de Rugby]] en [[1983]], creouse por vez primeira unha liga autonómica, como había noutras rexións de [[España]] dende había anos. Nesta primeira edición da liga galega de rugby inscribíronse 5 equipos: o [[Club de Rugby Arquitectura Técnica|CRAT]] da [[A Coruña|Coruña]], o Marina de [[Ferrol]], o CDU de [[Santiago de Compostela]], o Bocoi de [[Vigo]] e o CD Zalaeta.
 
No ano [[1984]] o club acadou o primeiro campionato galego celebrado en categoría xuvenil, polo cal participou deseguido no campionato de España, caendo na primeira rolda fronte ó [[CD Lourdes]] de [[Valladolid]] (equipo que tres anos máis adiante sería refundado como o actual [[VRAC]]). Aquel encontro tivo moita repercusión no rugby coruñés xa que foi a primeira actividade a nivel nacional dun club de rugby da cidade, e o CD Lourdes era un equipo de primeiro nivel, cuxo primeiro equipo contaba con algúns xogadores internacionais. O adestrador do CD Zalaeta naquel ano era Jorge Carman, un antigo xogador que tiña experiencia no CR Olivos arxentino.
Liña 43:
=== Anos '90 ===
 
O equipo seguiu a participar na liga galega durante algúns anos. En [[1990]] chegou un novo presidente á dirección do club, Martín Marticorena. Entre os adestradores que pasaron polo Zalaeta neses anos, Carlos Allegue e Fran Deive (ex xogador do [[Club de Rugby Cisneros|CR Cisneros]]) foron os máis salientables polos resultados acadados.
 
Na tempada 1994/95 o club gañou por primeira vez na súa historia a liga galega de rugby, impoñéndose ó [[Compostela RC]]. O adestrador daquel equipo do CD Zalaeta era Ángel Garita, un antigo xogador do [[C.R Liceo Francés|CR Liceo Francés]] de [[Madrid]]. Na fase de ascenso á [[Primeira División Nacional]] caeron fronte á sección de rugby do [[Sporting de Xixón]].
 
En [[1996]] houbo de novo un troco na presidencia, chegando a ela Mauricio Iglesias, cuxa prioridade foron as categorías inferiores, facendo que o club comezase a colaborar con varios colexios da cidade. Non obstante, Mauricio Iglesias tivo de dimitir por razóns profesionais, o cal fixo posible que chegase á presidencia Miguel Peón, un antigo xogador do club, que tentou levar a cabo o mesmo traballo coas categorías inferiores.
 
En [[1997]] foi Jesús Varela "Papi" quen chegou á presidencia, cun obxectivo principal: o ascenso a Primeira Nacional. Para iso tentou reorganizar a estrutura do club, atraer novos socios, e acadar novas fontes de financiamento.
Liña 59:
Na tempada 2002/03, o club celebrou o seu 20º aniversario. O equipo coincidiu ese ano no grupo A da Primeira División Nacional co [[Vigo Rugby Club]], co [[CRAT]], co filial do [[VRAC]], co [[Belenos RC]], co [[Ingleses R.C.|Ingleses RC]], co Universidad de Oviedo, co Universidad de León e co [[Club de Rugby Lalín|CR Lalín]]. Nesta ocasión o CD Zalaeta rematou 9º entre 10 equipos, acadando o obxectivo da permanencia. Ese ano Roberto Anido deixou o cargo de adestrador do primeiro equipo despois de sete anos, sendo substituído por Carlos del Río.
 
O primeiro ano como adestrador de Carlos de Río "Raper" á fronte do CD Zalaeta na tempada 2003/04 foi bo, xa que de novo o CD Zalaeta acadou a permanencia na Primeira Nacional, logo de rematar 7º entre os 9 equipos do grupo A.
 
Na seguinte tempada, a [[Federación Española de Rugby]] reformou de novo a categoría, pasando o grupo A a contar con só 6 equipos galegos e asturianos. O CD Zalaeta rematou 4º, o cal lle deu o dereito a manter a categoría, pero o club viuse obrigado a descender de división por mor do incumprimento na obriga de manter equipos en tódalas categorías inferiores.