Post-rock: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
reseña por recensión |
corrixo *introduxo e outros |
||
Liña 16:
[[Don Caballero]] e [[Tortoise]] estaban entre as bandas máis prominentes que se describiron como post-rock nos anos 90, pero os seus estilos eran moi diferentes, a pesar de ser bandas instrumentais que se centraban nas guitarras e nas baterías. Debido a estas diferenzas entre as distintas bandas do mesmo "xénero", moitos sosteñen que o uso do termo non é axeitado para falar de todos estes grupos.
Aínda que está fortemente enraizado coa escena ''indie'' e ''underground'' dos 80 e os 90, o estilo post-rock polo xeral aseméllase moi pouco a nivel musical ao [[indie rock]].
== Orixe do termo ==
O termo "post-rock" foi acuñado polo crítico Simon Reynolds na súa recensión do álbum ''Hex'' de Bark Psychosis, publicado no número de marzo de [[1994]] da revista ''Mojo''. Reynolds expandeu esa mesma idea no exemplar de maio de [[1994]] da revista ''The Wire''.
{{cita|''Quizais a área realmente provocativa para un desenvolvemento futuro da música está no... rock cyborg; non nun abrazo incondicional á metodoloxía [[techno]], pero si nalgún nivel de interacción entre o desempeño musical ao vivo, con instrumentos reais e o uso de efectos e melloras dixitais''.|Simon Reynolds}}
Nunha entrada de xullo de [[2005]] no seu blog, Reynolds declarou que usara o termo "post-rock" antes de publicalo en ''Mojo'', nun diario de música chamado ''Melody Maker''. Máis adiante tamén declarou que atopara que o termo non foi da súa propia creación, publicando no seu blog que "a pesar de que eu xenuinamente crin que estaba acuñando o termo, descubrín que este estivo flotando no ambiente durante máis dunha década". O termo tamén foi usado por James Wolcott nun artigo de [[1979]] sobre Todd Rundgren.
Liña 28:
A expresión "post-rock" foi utilizada orixinalmente para describir a música de bandas como [[Cul de Sac]], [[Stereolab]], [[Laika (grupo musical)|Laika]], [[Disco Inferno]], [[Moonshake]], [[Seefeel]], [[Bark Psychosis]] e [[Pram]], aínda que, frecuentemente, tamén se usou para describir unha variedade de música creada antes de [[1994]], influenciada polo [[jazz]], o [[krautrock]] e a [[música electrónica]].
Unha das bandas que influenciou ao movemento foi [[Talk Talk]], que orixinalmente era unha banda de [[synth pop]] pertencente ao movemento [[New Romantic]], pero que dende o seu terceiro álbum moveuse nunha dirección completamente distinta, e que con ''Spirit Of Eden'' e ''Laughing Stock''
[[Tortoise]] foi unha das bandas fundadoras do movemento. Despois do seu segundo LP, ''[[Millions Now Living Will Never Die]]'', a banda converteuse nunha icona do post-rock. Moitos grupos (como Do Make Say Think) comezaron a gravar música inspirada por [[Tortoise]], e foron descritas como post-rock.
|