Diferenzas entre revisións de «Notación musical»

m
 
=== Representación das duracións ===
'''[[Tempo (música)|Tempo]]''' e '''[[Compás (música)|compás]]''' - regulan cantas unidades de tempo deben existir en cada compás. Os compases están delimitados na partitura por liñas verticais e determinan a estrutura [[ritmo|rítmica]] da música. O compás escollido está directamente asociado ao [[xénero musical]]. Un [[valse]] por exemplo ten o ritmo 3/4 e o [[rock and roll|rock]] tipicamente usa o compás 4/4.
 
Nunha fracción de compás, o denominador indica en cantas partes se ten que dividir unha [[semibreve]] para obter unha unidade de tempo (na notación actual a redonda é a maior duración posible e por iso todas as duracións están tomadas en referencia a ela). O numerador define cantas unidades de tempo ten o compás. No exemplo de abaixo aparece un tempo de "catro por catro", é dicir, a unidade de tempo ten unha duración de 1/4 de semibreve e o compás ten 4 unidades de tempo. Neste caso, unha redonda ocuparía todo o compás.
 
 
'''Figuras musicais ou rítmicas''' - valores simbólicos que representan o tempo de duración das notas musicais. Son tamén chamados valores positivos.
Os símbolos das figuras úsanse para representar a [[duración]] a ser executada. As notas móstranse na figura de abaixo, por orde decrecente de duración. Son: [[redonda]], [[Branca (música)|branca]], [[negra]], [[corchea]], [[semicorchea]], [[fusa]] e [[semifusa]].
 
Antigamente existía tamén a [[cadrada|breve]], como o dobre da duración da semibreve, a longa, como o dobre da duración da breve e a máxima, como o dobre da duración da longa, mais esas notas xa non se adoitan usar na notación actual. Cada nota ten a metade de duración que a anterior. Se pretendéramos representar unha nota dun tempo e medio (por exemplo, o tempo dunha negra sumado co dunha corchea) faise uso dun punto, chamado puntiño, seguido da nota.
 
A duración real (medida en [[Segundo|segundossegundo]]s) dunha nota depende da fórmula do compás e do [[andamento]] utilizado. Iso significa que a mesma nota pode ser executada con duración diferente en pezas diferentes ou incluso dentro da mesma música, como nunha mudanza de andamento.
:<center> Redonda Branca Negra Corchea Semicorchea Fusa Semifusa</center>
[[Ficheiro:Music notes.png|centro|Notas musicais]]
393.002

edicións