Tarxeta gráfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 2:
Unha '''tarxeta gráfica''' é o compoñente físico do [[ordenador]] encargado de converter a información dixital (sinais eléctricos) que lle chega dende o [[microprocesador]] en información comprensible e representable pola pantalla do ordenador, para que poida ser vista polo usuario.
 
Conéctase xeralmente a algunha das rañuras de expansión (segundo a época de fabricación; [[ISA]], [[VLB]], [[PCI (informática)|PCI]], [[AGP]], [[PCI EXPRESS]]...), aínda que tamén pode ir integrada na [[Placa base|placa base]].
 
As tarxetas gráficas non son dominio exclusivo dos PCs; tamén as incluían dispositivos como os [[Commodore]] Amiga (conectadas mediante os slots ''Zorro II'' e ''Zorro III''), ''Apple II'', ''Apple Macintosh'', ''Spectravideo SVI-328'', equipos MSX e, por suposto, as videoconsolas.
 
==Estrutura da tarxeta gráfica==
As tarxetas gráficas levan un chip GPU especializado en operacións gráficas, e incluso un procesador de apoio propio para poder realizar operacións gráficas coa máxima eficiencia posible, así como unha memoria para almacenar tanto a imaxe como outros datos que se usan nesas operacións. Algunhas tarxetas profesionais contan con varias GPUs con capacidade de traballar en paralelo e/ou dar saída da imaxe por varios monitores.
 
==Compoñentes==
Liña 14:
A GPU é un procesador (como a [[CPU]]) dedicado o procesamento de gráficos; a súa razón de ser é alixeirar a carga de traballo do procesador central, por iso está optimizada para o cálculo en coma flotante, predominante nas funcións 3D. A maior parte da información ofrecida na especificación dunha tarxeta gráfica refírese ás características da GPU, xa que é a parte máis importante da tarxeta. As dúas características máis importantes de entre elas son:
 
- a frecuencia de reloxo do núcleo, que en 2006 oscilaba entre 250  MHz nas tarxetas da gama baixa e 650  MHz nas da gama alta, e
 
- o número de pipelines (vertex e fragment shaders), encargadas de traducir unha imaxe 3D composta por vértices e liñas na imaxe 2D composta por [[píxel]]es.
Liña 28:
*'''SVGA:''' estándar analóxico dos anos 1990; deseñado para dispositivos CRT, sofre de ruído eléctrico e distorsión pola conversión de dixital a analóxico e o erro de mostraxe ó avaliar os píxeles a enviar ao monitor.
*DVI: substituído do anterior, deseñouse para obter a máxima calidade de visualización nas pantallas dixitais como los LCD ou proxectores. Evita a distorsión e o ruído ao corresponder directamente un píxel a representar con un do monitor na resolución nativa do mesmo.
*S-Video: incluído para dar soporte a televisores, reprodutores de DVD, vídeos, e videoconsolas.
 
Outras non tan estendidas en 2007 son:
Liña 34:
*Vídeo Composto: analóxico de moi baixa resolución mediante conector RCA.
*Vídeo por compoñentes: utilizado tamén para proxectores; de calidade comparable a da SVGA, dispón de tres caravillas (Y, Cb e Cr).
*HDMI: tecnoloxía dixital emerxente en 2007 que pretende substituír a todas as demais.
 
==Historia==
Orixinalmente, os circuítos ([[chip]]s) encargados de canalizar a imaxe eran moi sinxelos, e incluso en equipos baseados en tarxetas podían estar situados en calquera lugar. Nos primeiros ordenadores domésticos os chips de vídeo adoitaban ir integrados na [[placa base]].
 
As primeiras tarxetas que ampliaron a funcionalidade adoitaban ser tarxetas de 80 columnas, que engadían un modo de texto de 80x24 ou 80x25 caracteres (como as dos ''Apple II'' e ''Spectravideo SVI-328''). Pese a non ser aínda tarxetas gráficas propiamente ditas, estas, xunto coas tarxetas que engadían un modulador de TV foron as primeiras en recibir o término '''"tarxeta gráfica"'''. A primeira tarxeta gráfica, que foi lanzada cos primeiros IBM PC, foi desenvolta por IBM en 1981. A MDA (Monochrome Graphics Adapter) traballaba no modo de texto e era capaz de representar 25 liñas de 80 caracteres na pantalla. Contaba cunha memoria de vídeo de 4KB, polo que só podía traballar con unha páxina de memoria. Usábase con monitores monocromo, de tonalidade normalmente verde.
Liña 69:
*[[Frecuencia de anovado]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Hardware]]