Vexetarianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 25:
|}
 
* '''[[Lacto Vexetarianismo]]:''' son os vexetarianos que non consomen carnes ou ovos, pero si produtos lácteos. A maioría de vexetarianos da [[India]] e aqueles que proveñen do [[Mediterráneo]], coma os [[Pitagórico]]s, son en efecto lactovexetarianos.
 
* '''[[Ovo Lacto Vexetarianismo]]:''' os practicantes desta corrente consomen ovos e produtos lácteos, pero non carne nin peixe. Esta é a forma máis común na [[cultura occidental]].
 
* '''Ovo Vexetarianismo:''' quen practica esta tendencia son aqueles que non comen carnes ou produtos lácteos, pero si ovos.
 
* '''Api vexetarianismo:''' son quen admiten o consumo de [[mel]]. O prefixo ''api-'' tamén pode ser empregado nas demais definicións, por exemplo: api-ovo-lacto vexetarianismo, api-ovo vexetarianismo, api-lacto vexetarianismo.
 
* '''[[Veganismo]]''' (do [[Lingua inglesa|inglés]] ''vegan''): os veganos nútrense exclusivamente de alimentos de orixe vexetal, rexeitando por tanto o consumo de ovos, lácteos e [[mel]]. Así mesmo, evitan o uso de produtos de orixe animal no resto de ámbitos da súa vida, coma o [[coiro]], a [[la]], a lanolina, a seda etc. Basean a súa postura na crenza de que todos estes produtos implican a explotación de animais.
 
* '''Crudívoros:''' son aqueles que seguen unha alimentación vexetariana na que se consomen produtos crus, ou lixeiramente mornos, que non foron quentados por enriba de 46,7 °C (116 °F), e nunca cocidos. Os consumidores de produtos crus argumentan que o cociñado destrúe as enzimas e/ou parte dos nutrientes, aínda que algúns cren que o corpo asimila mellor certos alimentos se estes se atopan lixeiramente tépedos e, por ende, máis brandos. Outros activan as enzimas dos alimentos mollándoos na auga antes de consumilos. Algúns son frutarianos e outros comen só comidas orgánicas.
 
* '''Vexetalianos:''' é unha corrente vexetariana moi estrita. Esta tendencia propón alimentarse exclusivamente de vexetais. Así, a lista de alimentos prohibidos é bastante longa e está formada polos produtos rexeitados polo vexetarianismo ortodoxo máis os non consumidos polos vexetalistas, coma carnes, embutidos, aves, graxa animal, peixe, conservas, conxelados, cereais branqueados ou refinados, bebidas industriais con azucre, azucre industrial, mel, queixos, ovos etc.