Fonoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 4:
Tanto a fonoloxía como a [[Fonética]] teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[lingua]], do [[sistema]], da [[forma]]. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. As unidades da fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]].
 
:Por exemplo, nas palabras ''vai'' e ''avó'' as [[consoante]]s son distintas do punto de vista [[articulación fonética|articulatorio]] e das características físicas, pois aínda que as dúas son [[bilabial|bilabiais]] e [[sonoro|sonoras]], a primeira é [[oclusiva]] e a segunda [[fricativa]]. Son foneticamente dous sons diferentes. Malia todo, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións realizan un único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e [[aberto]] e e [[fechado]] é estudada pola fonoloxía en galego, pois hai palabras como presa (apuro e barraxe) que se diferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética.
 
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se podería ter desenvolvido. En canto a Fonética se ocupa de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a materia fónica, a fonoloxía ocúpase dos sons que posúen un valor diferenciador de [[significado]]s.