Peer-to-peer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
encamiñamento no DRAG
m Arranxos varios
Liña 5:
Aplícase en [[informática]] á '''comunicación peer-to-peer''' (entre 2 iguais), coa característica engadida de que a comunicación/información viaxa directamente desde unha computadora á outra sen ser interinamente almacenada nun servidor.
 
En xeral, unha rede informática entre iguais (en inglés ''peer-to-peer'' e máis coñecida como P2P) refírese a unha rede que non ten [[cliente]]s e [[servidor ]] es fixos, senón unha serie de [[Nodo (informática)|nodo]]s que se comportan á vez como clientes e como servidores dos demais nodos da rede. Este modelo de rede contrasta co modelo [[cliente-servidor]]. Calquera nodo pode iniciar ou completar unha transacción compatíbel. Os nodos poden diferir en configuración local, velocidade de proceso, [[ancho de banda]] do seu conexión á rede e capacidade de almacenamento.
 
Debido a que a maioría dos ordenadores persoais non teñen unha [[IP]] fixa, senón que lla asigna o provedor ([[ISP]]) no momento de conectarse a [[Internet]], non poden conectarse entre si porque non saben a priori os enderezos que han usar. A solución habitual é realizar unha conexión a un [[servidor]] (ou servidores) con enderezo coñecido (normalmente IP fixo), que se encarga de manter a relación de enderezos IP dos clientes da rede, dos demais servidores e habitualmente información adicional, como un índice da información de que dispoñen os clientes. Tras isto, os clientes xa teñen información sobre o resto da rede, e poden intercambiar información entre si, xa sen intervención dos servidores.
Liña 63:
 
===== Redes P2P estruturadas =====
As redes P2P estruturadas superan as limitacións das redes non estruturadas, manteñen unha táboa hash distribuída (DHT) e permiten que cada usuario sexa responsable dunha parte específica do contido na rede. Estas redes utilizan funcións de hash distribuído e asignan valores a cada contido e cada usuario na rede. Despois seguen un protocolo global na determinación de que usuario é responsable de que contido. Desta maneira, sempre que un usuario desexe buscar certos datos, utilizará el protocolo global para determinar o usuario ou usuarios que o teñen e despois dirixirá a busca cara a estes.
 
===== Redes P2P non estruturadas =====