Dúnedain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 18:
|notas =
}}
No [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], os '''Dúnedain''' (singular: '''Dúnadan''', "home do oeste") eran unha raza ficticia dos [[Home (Terra Media)|homes]] descendente dos [[Númenor|Numenorianos]] que sobreviviran o afundimento da illa do seu reino e que emigraran a [[Eriador]], na [[Terra Media]] liderados por [[Elendil]] e mais os seus fillos, [[Isildur]] e [[Anárion]]. Coñecíaselles tamén como os ''Homes do Oeste'' e ''Homes de Westernesse'' (traducións directas do vocábulo [[Sindarin]]). Asentáronse principalmente en [[Arnor]] e [[Gondor]].
 
O nome [[Oestron]] para ''Dúnadan'' era sinxelamente ''Adûn'', "habitante do oeste", mais este termo non adoitaba empregarse. Este nome reservábase para os Númenóreanos que mantiñan amizade cos [[elfo]]s: os demais, sobreviventes hostís do cataclismo, recibían o nome de [[Numenorianos Negros]].
Liña 31:
A medida que Sauron foi recobrando a súa forma e reunindo forzas, chegaron do leste unha serie de pragas letais que adoitaban azoutar con máis forza o norte ca o sur, decimando a poboación de Arnor. Amais, o xefe dos nove [[Nazgûl|Espectros do Anel]], coñecido como o Rei Bruxo de Angmar, iniciou un asalto aos divididos reinos Dúnedain do norte desde unha fortaleza situada nas montañas ([[Carn Dûm]]). Ao cabo, deu destruído Arthedain, o derradeiro dos reinos setentrionais.
 
Após a caída de [[Arthedain]], unha parte dos Dúnedain do norte tornáronse nos [[Montesíos do Norte]], facendo o posíbel por manter a paz nas terras case que desertas dos seus devanceiros. A poboación Dúnedain de Arnor que sobreviviu retirouse ao ángulo cara ao sur de [[Valfendido]], e outros grupos máis reducidos estabeleceron asentamentos illados no estremo oeste de [[Eriador]].
 
Al longo dos séculos, os Dúnedain meridionais de Gondor mesturaron o seu sangue cada vez máis cos chamados Homes Medios, e a liñaxe só ficou pura nalgunhas rexións como [[Dol Amroth]]. A súa esperanza de vida acurtouse con cada xeración. Ao cabo, mesmo algúns reis de Gondor casaron con mulleres non pertencentes aos Dúnedain.
 
Na [[Cuarta Idade e posteriores|Cuarta Idade]], os Dúnedain de Gondor e Arnor reuníronse baixo a goberno do rei [[Aragorn|Aragorn II Elessar]] (tamén coñecido como ''o Dúnadan''). Este casou con [[Arwen]], filla de [[Elrond]] (que resultaba ser un curmán moi afastado) e reintroduciu o sangue élfico na liñaxe da súa familia.
Liña 40:
 
== Características ==
Os Dúnedain eran superiores aos demais homes no tocante á nobreza física e espiritual. Porén, tamén eran quen de cometer actos malvados se eran corrompidos, e nesas circunstancias a súa maldade era maior. Canto ao seu aspecto físico caracterizábanse por seren altos, de cabelo escuro, pel clara e ollos grises.
 
Amais, os Dúnedain, especialmente os de clase alta, posuían unha grande sabedoría e poder de percepción, chegando a proferir profecías nalgúns casos. Gozaban dunha esperanza de vida máis longa (o triplo da vida dun home normal) ca o resto dos homes e conservaban a súa mocidade até a fin dos seus días. Malia que non se explica completamente o motivo n' ''A Historia dos Anos'', un dos factores que provocaron o esmorecemento dos Dúnedain foi a súa tendencia a ter poucos fillos, só un en moitos casos. [[Aragorn]] proviña dunha longa liñaxe de fillos únicos.
Liña 49:
* [[Montesíos de Ithilien]].
 
{{ORDENAR:Dunedain}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Dunedain}}
[[Categoría:Razas de Arda]]