Diferenzas entre revisións de «Man»

m
Arranxos varios
(til)
m (Arranxos varios)
Tamén chamada de '''Quirodáctilo''' (debido aos dedos), a man cun dedo oposto aos restantes -o [[polgar]] - foi unha adquisición [[evolución|evolutiva]] (segundo a teoría da evolución) extremadamente importante, pois permitiu a utilización de instrumentos, cos cales poder defenderse máis facilmente e modificar o medio ambiente para mellor sobreviveren (Edgar Morin, no seu "O Paradigma Perdido" refírese á dialéctica "pé - man - cerebro").
 
A man ten 27 ósos principais: 8 no carpo, 5 no metacarpo e 14 falanxes, máis un número variábel de pequenos ósos sesamoideos.
 
Os movementos da man humana débense a dous conxuntos de [[músculo]]s: os intrínsecos, ou sexa, que se encontran na propia man, e os extrínsecos -os flexores e extensores longos-, que se encontran no antebrazo. Os músculos intrínsecos son os tenares e hipotenares, respectivamente ligados ao 1º e 5º dedos, os músculos interóseos (entre os metacarpianos), catro dorsais e tres volares e os músculos lumbricais. Estes músculos teñen a súa orixe no flexor profundo e caracterízanse por non teren orixe nos ósos.
 
 
Os músculos extrínsecos son os dous flexores longos, localizados na parte interna do antebrazo e que se unen por [[tendón]]s ás falanxes (moi visíbeis no dorso da man). O flexor profundo únese ás falanxes distais e o flexor superficial ás falanxes medias. Estes músculos son responsábeis da flexión dos dedos. O [[polgar]] ten un flexor longo e un curto no grupo de músculos tenares, alén dos músculos opoñente, abdutor e rotador.
 
{{ORDENAR:Man}}
 
[[Categoría:Anatomía rexional]]
393.002

edicións