Diferenzas entre revisións de «Inocencio I, papa»

m
→‎top: Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (→‎top: Arranxos varios)
Segundo o ''[[Liber pontificalis]]'' era orixinario de [[Albano Laziale]], e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo [[Xirolamo]] era fillo do papa [[Anastasio I, papa|Anastasio I]] (aínda que naceu antes de ser consagrado).
 
Foi elixido o 21 de decembro de [[401]]. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións [[liturxia|litúrxicas]].
 
O seu gran amigo [[Xoán Crisóstomo]] foi expulsado como [[patriarca]] de [[Constantinopla]] debido a hostilidades persoais coa emperatriz [[Eudoxia]] e as intrigas de [[Teófilo de Alexandría]]. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.
Enfrontouse firmemente a [[Pelaxio]] e ó [[pelaxianismo]], con tanta autoridade e decisión que [[Agostiño de Hipona]], ó sabelo, pronunciou a famosa frase ''Roma locuta, causa finita'' ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o [[Prisciliano|priscilianismo]].
 
O 24 de agosto de 410 o rei [[visigodo]] [[Alarico I|Alarico]] conquistou e saqueou [[Roma]]. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en [[Rávena]] negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
 
Morreu o [[12 de marzo]] de [[417]].
393.002

edicións