Alacantí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 82:
|}
</center>
 
 
A comarca histórica da [[Horta de Alacant]] correspóndese coa conurbación de [[Alacant]], un conxunto urbano que engloba ademais da capital, a [[Sant Joan d'Alacant]], [[Mutxamel]], [[Sant Vicent del Raspeig]] e [[El Campello]] (a área metropolitana de [[Alacant]]-[[Elx]] inclúe a case todos os demais municipios da comarca e os do [[baix Vinalopó]]: [[Elx]], [[Santa Pola]] e [[Crevillent]]). Centrada sobre a cidade de Alacant, o resto de núcleos urbanos atópanse a modo de prolongacións da expansión urbana, servindo como zonas residenciais (todas elas), de expansión industrial (Sant Vicent) ou especializadas cara ao turismo (El Campello). Fortemente urbanizada, esta aglomeración presenta unha densidade de poboación de 1.226 hab/km². No plano agrícola, que é ao que debe o seu nome, a ''Horta de Alacant'' consiste nun territorio relativamente plano de terras fértiles, convertido ao regadío grazas principalmente ao uso das augas do río Montnegre.
Liña 89 ⟶ 88:
 
== Lingua ==
O [[lingua valenciana|valenciano]] é a lingua de predominio lingüístico da comarca.
 
== Historia ==
Liña 95 ⟶ 94:
 
== Economía ==
A poboación é considerabelmente densa e os seus principais núcleos son: Sant Vicent del Raspeig, con industrias de cemento e papeleira, típica cidade dormitorio, onde se atopa a Universidade de Alacant. En Agost prodúcese baldosa destinada á construción e cantaría tradicional, en Sant Joan d'Alacant tamén outro municipio dormitorio que ten outra universidade, a de Miguel Hernández, ademais de numerosas grandes superficies comerciais, e El Campello, con porto pesqueiro.
 
Alacant, a capital da comarca, experimentou un rápido desenvolvemento, especialmente a partir do [[século XVIII]], debido ao seu activo comercio marítimo. Ten unha variada industria de aluminio, química, talleres metalúrxicos e de motores, cerámica, alimentaria, do tabaco etc., ademais de ser un centro pesqueiro. No entanto, unha das actividades máis importantes da comarca constitúena o turismo, fundamentalmente á Praia de Sant Joan, e os sectores económicos relacionados.