Monólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 40 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q261197
m Arranxos varios
Liña 1:
Un '''monólogo''' (do [[grego antigo|grego]] ''monos'' "só" e ''logos'' "discurso") é un [[sistema de elocución]] e [[modalidade técnica]] xa antiga en literatura que consiste en reproducir, en [[estilo directo]], e polo tanto en primeira persoa, dende o ''eu'', o pensamento lóxico, coherente e non sempre exaltado dunha personaxe. Na [[novela]], calquera clase de monólogo supón unha [[modalización do eu protagonista]]. No [[teatro]] repróchaselle ao monólogo a súa inverosimilitude, xa que o pensamento non se adoita expresar en voz alta. Isto, porén, resulta imprescindible dende un escenario, se se quere chegar aos espectadores, a miúdo únicos receptores deste xogo teatral que o monólogo constitúe, xa que, con frecuencia, ocorre que ninguén máis que eles escoita á personaxe.
 
Non obstante, algúns estudosos fan distinción entre o monólogo e o [[soliloquio]], entendendo que o primeiro é pronunciado diante doutras personaxes sen agardar delas resposta e como vehículo de evocacións, exhortacións, relato de algo que os demais ignoran, lamentos..., mentres que no segundo o falante está só. O monólogo no teatro -ao igual que na novela- pode ter unha función narrativa, intimista ou lírica, reflexivo-argumentativa... e adoita ser moi estimado polos actores como medio de lucimento dos seus dotes. En [[poesía]], o [[monólogo lírico]] supón o cume da subxectividade.
Liña 9:
*[[Monodrama]]
*[[Soliloquio]]
 
 
[[Categoría:Literatura]]