Diferenzas entre revisións de «Bipartidismo»

m
Arranxos varios
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
m (Arranxos varios)
O '''bipartidismo''' é unha situación política en que só dous partidos dividen o poder, ou constitucionalmente ou ''de feito'', sucedéndose en vitorias [[eleccións|electorais]] en que un deles conquista o [[goberno]] do país e o outro ocupa o segundo lugar nas preferencias de [[voto]], pasando a ser a [[oposición]] oficial e institucionalizada.
 
Esta situación depende destes dous partidos atraeren case exclusivamente a atención da [[medios de comunicación]] e da [[opinión pública]], pasando os demais partidos desapercibidos pola maior parte da [[poboación]].
 
Existen graos sobre o bipartidismo, sendo algúns sistemas políticos máis bipartidistas que outros. En xeral, en certa medida, a maioría dos sistemas favorecen este fenómeno, aínda que algúns sexan organizados, desde a raíz, de forma a provocar a polarização do [[electorado]].
O bipartidismo tradicional nace tras a [[Revolución Francesa]]. Con maior ou menor éxito, foron sendo implantados intermitentemente na Europa [[parlamento]]s bipartidistas nos cales se presentaran sempre dous bloques opostos: [[Conservadurismo|conservadores]] e [[Liberalismo|liberais]]. Os primeiros tentaban sempre conservar os privilexios da [[nobreza]] e da [[aristocracia]], mentres os segundos pretendían equiparar os dereitos da [[burguesía]]. Houbo varios momentos así, por exemplo, en [[Inglaterra]], en [[España]] e no [[Brasil]].
 
En todos eses sistemas, o pobo (aínda [[analfabetismo|analfabeto]] en gran medida) permaneceu incapaz de influenciar no [[poder político]]. Coa chegada do [[marxismo]], o bipartidismo foi roto na maioría das democracias europeas, xa que unha terceira forza social, a masa obreira ou [[proletariado]], pasou a esixir representación. O sufráxio feminino, na virada do século XIX para o XX, tamén contribuíu para desagregar aínda máis o mapa político europeo. A tendencia en case todos os países era a de modernizar os seus sistemas para ter en conta a nova realidade social e, sobre todo, para evitar que houbese máis [[Revolución|revoluciónsrevolución]]s proletarias.
 
 
==Bipartidismo actualmente==
393.002

edicións