Virtude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Arranxos varios
Liña 7:
 
==A virtude na filosofía==
O tema da virtude humana en [[Platón]] inclúe dúas cuestións fundamentais: a relativa ao modo en que se pode posuír a virtude e a relativa á súa [[esencia]] ou natureza. En canto á primeira cuestión vemos neste filósofo a pegada do punto de vista intelectualista do seu mestre [[Sócrates]]: quen posúe unha virtude posúe un certo coñecemento: non se pode facer o ben ou a xustiza se non se sabe que é o ben e a xustiza. En canto á segunda cuestión, o tema da esencia da virtude, Platón concíbea como o estado que lle corresponde á alma en función da súa propia natureza.
 
Para [[Aristóteles]] a virtude humana é unha "excelencia engadida a algo como perfección". Cando unha entidade realiza a súa función propia, pero non de calquera xeito, senón dun modo perfecto, entón da devandita entidade dicimos que é virtuosa ou boa. Na noción aristotélica de virtude son importantes os conceptos de natureza e de [[finalidade]]: a virtude dun obxecto ten que ver coa súa natureza e aparece cando a finalidade que está determinada pola devandita natureza cúmprese no obxecto en cuestión. Aristóteles mostra que a virtude humana non pode ser nin unha [[facultade]] nin unha [[paixón]] senón un [[Costume|hábito]]. Que sexa un hábito quere dicir que aparece non por natureza senón como consecuencia da aprendizaxe, e máis exactamente da práctica ou repetición.
Liña 31:
A [[Fe (relixión)|fe]] é a virtude teologal pola que cremos en Deus e en todo o que el nos revelou, e que a [[Igrexa]] nos propón crer, dado que Deus é a [[verdade]] mesma. Pola fe, o home abandónase libremente a Deus; por iso, o que cre trata de coñecer e facer a vontade de Deus, xa que «a fe actúa pola caridade».
 
A [[Esperanza (teoloxía)|esperanza]] é a virtude teologal pola que desexamos e esperamos de Deus a vida eterna como a nosa felicidade, confiando nas promesas de [[Cristo]], e apoiándonos na axuda da graza do Espírito Santo para merecela e perseverar ata o fin da nosa vida terrea.
 
A [[caridade]] é a virtude teologal pola cal amamos a Deus sobre todas as cousas e ao noso próximo como a nós mesmos por amor a Deus. [[Xesús]] fai dela o mandamento novo, a plenitude da Lei. Ela é «o vínculo da perfección» é o fundamento das demais virtudes, ás que anima, inspira e ordena: sen ela «non son nada» e «nada me aproveita».