Claude Bernard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
correccón lingua
m Arranxos varios
Liña 36:
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Claude Bernard neceu o [[12 de xullo]] de [[1813]] na pequena localidade de [[Saint-Julien, Ródano|Saint-Julien]], no [[Beaujolais]], no seo dunha modesta familia de [[viticultura|viticultores]]. Estudou rudimentos de [[latín]] co cura da súa parroquia e despois comezou estudos de [[humanidades]] cos [[xesuíta]]s de [[Villefranche-sur-Saône]], rematándoos no colexio de [[Thoissey]].<ref name="marduel2006">Marie-Aymée Marduel (2006): ''Claude Bernard. Un physiologiste natif du Beaujolais: sa famille, sa vie, son œuvre'', 2006 [http://marduel.com/dossiers/claude-bernard.pdf .pdf].</ref>
 
=== Estudos en Lyon ===
Liña 46:
Grazas á súa nai, Claude entrou en contacto co crítico literario [[Saint-Marc Girardin]], amigo da familia e profesor de literatura na [[Sorbona]], que lle recomendou deixar de lado as dúas inclinacións literarias (Claude soñaba con ser [[dramaturgo]]), e que sería mellor empregar as súas habilidades na [[medicina]].<ref name="marduel2006"/> Fora ou non acertado, este consello fixo que Claude Bernard dera un xiro á súa vida e se trasladara a [[París]] para iniciar esta carreira.
 
Para iso tivo que completar o bacharelato, o que consegue en [[1834]]. Seus pais entón pagaron 1 800 francos para que fose dispensado do servizo militar, o que lle deixa a vía libre para comezar os estudos de medicina en París. Alí compartiu un piso e a vida no ''[[Quartier Latin]]'', preto da [[Sorbona]], cos seus compañeiros [[Charles Lasègue]] (futuro eminente [[neuroloxía|neurólogo]]) e [[Casimir Davaine]] (que estaba facendo os seus primeiros traballos en [[microbioloxía]]). Viviu modestamente en París, mentres lle devolvía aos seus pais o diñeiro que gastaran nel grazas a unhas clases particulares que impartiu. En París quedou particularmente fascinado polos cursos que [[François Magendie]] imparatía no [[Colexio de Francia]].
 
En [[1839]] Bernard obtivo unha praza de interno, ocupando o posto 26 dun total de 29 opositores, e entrou en contacto con Magendie, cuxas polémicas clases despertaron nel unha inesperada pasión polo descubrimiento das leis [[fisioloxía|fisiolóxicas]]. Magendie sometía as [[hipótese]]s a contrastación [[experimento|experimental]] ante o seu [[audiencia (medios de comunicación)|auditorio]], ríndose abertamente cando algún [[experimento]] non transcorría segundo o anunciado pola [[teoría]] que el mesmo acabara de explicar na aula o día anterior. Magendie definíase como un trapeiro que percorre o terreo da [[ciencia]] recollendo feitos de aquí e de acolá, sen outra pretensión que "botalos ás costas". A elaboración dalgunha elegante e "pretensiosa" (preditiva) teoría a partir de tales feitos non tiña cabida no [[escepticismo]] de Magendie. Porén, Bernard, non se encontrou nunca cómodo cos supostos [[Epistemoloxía|epistemolóxicos]] do seu mestre, o que determinou que os seus intereses deran un novo xiro, pasando esta vez do ámbito puramente [[científico]] ao [[filosofía|filosófico]]. De aí que Claude Bernard pasara á [[pensamento|historia do pensamento]] non só polas súas achegas á [[fisioloxía]], senón tamén polo seu intento de fundamentar a posibilidade mesma dunha [[medicina]] —e, por extensión, dunha [[bioloxía]]— [[ciencia|científicas]]. Pese a que resulta un feito pouco coñecido polos estudosos da [[epistemoloxía]], Claude Bernard adiantou as principais teses de [[Karl Popper]] neste campo.
Liña 67:
=== Contribucións á ciencia médica ===
 
Entre as achegas á [[ciencia|ciencia médica]] de Bernard cabe destacar o descubrimento da función [[dixestión|dixestiva]] do [[páncreas]], o da función [[glicóxeno|glicoxénica]] do [[fígado]], o mecanismo de acción do [[curare]], do [[monóxido de carbono]] e dos [[anestesia|anestésico]]s, o establecemento dos principios xerais sobre os que se asenta a [[farmacodinamia]] moderna e as funcións do [[sistema nervioso]]. Neste sentido, pasaron á historia da [[fisioloxía]] os seus estudos acerca do carácter único dos [[nervio]]s sensitivos e os motores, a [[sensibilidade (bioloxía)|sensibilidade]] recorrente, a estrutura da [[medula espiñal]], a vasomotricidadade e as circulacións locais, a orixe medular do [[gran simpático]], a súa función vasomotora e a súa acción sobre a [[temperatura]] [[corpo|corporal]]ral, sobre as [[secreción]]s e sobre a [[glicemia]].
 
Outras contribucións de menor importancia son os seus estudos acerca da secreción [[saliva|salivar]]r, a fisioloxía [[pulmón|pulmonar]], o efecto da [[nicotina]] e do [[uranio]] sobre o [[ser vivo|organismo]], a disección química en fisioloxía, a coagulabilidade do [[sangue]], o [[ton muscular]] e os [[inflamación|mecanismos inflamatorios]].
 
Mención á parte merecen os seus estudos sobre a [[asfixia]] e sobre os [[fermento]]s, que lle valeron unha histórica polémica con [[Pasteur]], alegando que a súa teoría era falsa.
 
Bernard introduciu o concepto de [[homeostase]] (constancia do medio interno) ao redor de [[1860]], aínda que o termo non é seu, senón de W. B. Cannon. Dito modelo sinala como cualidade definitoria dos [[ser vivo|seres vivos]] a capacidade para manter as condicións [[física|físico]]-[[química|químicas]]s do medio co que están en contacto. En sentido inverso, son ditas condicións físico-químicas do líquido que baña as células (medio interno) as que, ao entraren en contacto con elas, determinan a aparición dos fenómenos fisiolóxicos. Este sinxelo esquema pretende dar razón (até onde iso é posíbel) do "quid" propio do vivo.
 
Entre as súas contribucións á [[terapéutica]] hai que destacar as relativas ao tratamento da [[diabetes]], as indicacións da [[sangría]], o tratamento da intoxicación por [[monóxido de carbono]] mediante ventilación mecánica, o tratamento da [[anemia]] con lactato de ferro, o descenso da temperatura corporal mediante medios físicos, o estudo dos mecanismos de antagonismo entre [[fármaco]]s, o tratamento da [[intoxicación etílica]], as aplicacións da [[morfina]], os efectos do [[anhídrido carbónico]], a administración intravenosa de [[soro fisiolóxico]], as técnicas de reanimación cardiopulmonar e a oxixenoterapia.
Liña 83:
 
==== Os seres vivos segundo Claude Bernard ====
Claude Bernard realizara o sorprendente descubrimento de que a "materia inerte" e os "corpos vivos" no son a mesma cousa. Escribiu o seguinte
 
{{Cita|A materia inerte non ten espontaneidade en si mesma, carece dunha diferenza individual, e polo tanto un pode estar seguro dos resultados obtidos. Porén, cando tratamos cun ser vivo, a individualidade achega un elemento de inquietante complexidade: máis alá das condicións externas, é necesario considerar tamén as reaccións orgánicas intrínsecas, ás que lles dou o nombre de 'medio interno' (''milieu intérieur).}}