Gregorio de Nisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Pensamento: Arranxos varios
Liña 14:
== Pensamento ==
 
Tivo grande influencia de [[Oríxenes]] entre os pensadores cristiáns e de [[Plotino]] e [[Filón de Alexandría]] entre os filósofos. De feito, un espiritualismo e idealismo [[Platón|platónicoplatón]]ico propios da época influirían no xeito de presentar a fe cristiá mediante os elementos e conceptos da filosofía platónica.
 
Porén a esencia do seu pensamento, marcado pola experiencia vital a carón dos seus irmáns maiores [[Basilio o Grande]] e Macrina, é nitidamente cristiá:
* A [[Creación]] é froito do amor sobreabundante de Deus, e as criaturas revelan a súa gloria. O corpo é bo e está destinado á [[resurrección]]
 
* O home é o rei da Creación; imaxe de [[Deus]] invisible está dotado dunha dignidade excelsa superior a calquera criatura.
 
* O home dotado de ''nous'' e ''logos'', e por tanto de [[liberdade]], rexeitou o [[material|Ben]] e a [[Beleza]], escureceu a súa intelixencia e ficou escravo das súas paixóns e desexos.
 
* Por un don gratuíto de amor, manifestado en Xesús e espallado no seu corazón pola acción do Espírito, o home está chamado a un camiño continuado de achegamento a Deus.
 
* Na [[revelación]] o home descubre no marxinado e no pobre a Xesús mesmo e no a amor a eles un imperativo moral superior ás prácticas e rigorismos relixiosos.
 
* A esencia de Deus é inaccesible; as imaxes que nos facemos del son limitadas, [[ídolo]]s que temos que ir superando de cara unha visión cada vez máis nidia e verdadeira. Para iso a alma debe desenferruxarse da ira, a soberbia e a concupiscencia para reflectir no seu interior as raiolas da divindade. Na vida terreña e na vida eterna a través dun proceso feliz pero tamén doloroso de purificación, o home irá de comenzo en comezo nun continuo progresar sen fin. A Eternidade non será monotonía senón tensión renovada cara a plenitude do Amor que abre sen cesar novos espazos de plenitude.
 
* Todas as criaturas, e os mesmos demos serán restaurados no tempo final e participarán da Felicidade eterna por pura [[Graza]] de Deus:[[''apokatastasis'']].