Erecteion: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Erechtheum SW-650px.jpg|miniatura|300px|dereita|O Erecteion dende o suroeste]]
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion.jpg|miniatura|300px|dereita|Erecteion, vista do conxunto]]
O '''Erecteion''' (en [[Lingua grega|grego]]: Έρέχθειον '''Erechtheion''') é un [[templo grego]] erixido no lado norte da [[Acrópole de Atenas]] na honra aos deuses [[Atenea]] ''Poliás'', [[Poseidón]] e [[Erecteo]], rei mítico da cidade. De [[orde xónica]], [[áptero]], é un dos máis belos monumentos arquitectónicos gregos. A súa construción atribúese ao arquitecto [[Mnesicles]], autor tamén dos [[Propileos]]. O Erecteion está feito de mármore pentélico. A súa construción iniciouse no [[-421]] e rematouse no [[-406]]. O seu nome, que significa «o que sacode a Terra », designa o alcume [[Ática|ático]] de Poseidón.
 
O Erecteion substituíu ao templo arcaico de Atenea Poliás que se atopaba entre o [[Partenón]] e o emprazamento actual, que fora destruído polos [[imperio persa|persas]] no [[-480]] no tempo das [[guerras médicas]].
 
De planta irregular, polo declive do terreo, consta de tres pórticos. Un deles, a cara sur, é a famosa tribuna das [[Cariátide]]s, que indicaba a tumba do mítico rei [[Cécrope I|Cécrope]]. Consta de seis [[Columna (arquitectura)|columnas]] con figura de muller de 2,3 metros de altura, que sosteñen o [[entaboamento]]. As que se atopan ''in situ'' son copias; 5 delas atópanse no Museo da Acrópole, e unha no [[Museo Británico]] de [[Londres]]. A tribuna contaba con decoración policromada.
 
O templo atópase no emprazamento da Acrópole primitiva e agrupaba algunhas das reliquias máis antigas e máis sacras dos atenienses; é neste lugar onde tivo lugar a desputa entre [[Atenea]] e [[Poseidón]], podéndose ver a marca do seu tridente sobre unha rocha.
Áchase alí tamén o [[Paladio (mitoloxía)|Paladio]], unha estatua de Atenea, consagrada por Cécrope, o rei mítico do [[Ática]], e onde crese que ela caera do ceo; as tumbas de Cécrope e de [[Erecteo]]; unha capela dedicada a [[Pándroso]], a filla de Cécrope; un pozo de auga salgada e a oliveira sacra, que Atenea deu á poboación trala súa disputa con Poseidón.
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion2.jpg|miniatura|esquerda|200px|Erecteion, detalle]]
 
[[Pericles]], nos seus plans de acondicionamento da Acrópole e despois do [[Partenón]], para render homenaxe á tradición, decidiu a construción dun edificio novo destinado a reagrupar as antigas reliquias.
 
O arquitecto foi se cadra [[Filocles]], quen conseguiu conciliar nun único edificio as necesidades dos diversos ritos, así como os problemas impostos por un terreo irregular, que a tradición non permitía nivelar; é máis, xustamente xogando con tales irregularidades, realizou unha das construcións máis orixinais da arte clásica. O templo está construído sobre unha pendente, de xeito que os lados norte e oeste atópanse ao redor de 3 metros máis baixos que os lados sur e leste.
 
Outras fontes citan a [[Calícrates]] ou [[Mnesicles]] como autores do proxecto. Mais os gustos evolucionaran e a armadura moral da cidade cambiou: sucedendo o barroco ao clasicismo, dando lugar á grandiosa simplicidade ao refinamento. Chegando o triunfo da [[orde xónica]].
 
A necesidade de preservar os sitios sacros, explica probablemente a complexidade da concepción.
O templo non está dedicado a unha divindade en particular, senón que está constituído de varios santuarios.
 
Tres destes santuarios están dedicados a Atenea, Poseidón e [[Zeus]]. Suponse que os outros dous santuarios están dedicados a Cécrope e Erecteo, dous famosos reis atenienses. O Erecteion componse dun corpo principal, dous pórticos norte e sur e de varios corpos engadidos. O corpo principal consiste en catro partes que non representan máis que a metade dun proxecto inicial que non foi xamais rematado.
 
[[Ficheiro:Erechtheum porch.jpg|miniatura|dereita|350px|As [[cariátide|CariátidesCariátide]]s]]
O Erecteion preséntase como un gran templo xónico con dúas [[cella (arquitectura)|cellas]], unha dedicada a Atenea con pronaos hexástilo mirando ao leste, e a outra consagrada a Poseidón-Erecteo, á que se accede a través dun amplo vestíbulo polo lado setentrional do templo, con catro columnas na fronte e unha a cada lado.
 
O máis grande, ao leste, é unha ''cella'' cun pórtico xónico. O pórtico ademais, dá acceso ao Pandroseion, o santuario de Pándroso, a quen Atenea confiara a Erictonio cando este era neno; neste lugar atopábase a [[oliveira]] sacra da deusa.
 
No lado norte, hai outro gran pórtico con columnas e ao sur atópase o famoso pórtico das [[cariátide|CariátidesCariátide]]s, onde seis estatuas de mulleres novas drapeadas serven de [[Columna (arquitectura)|columnas]] soportando ao [[entaboamento]].
 
Estas mulleres son cidadás da cidade de Cariátide (cidade do [[Peloponeso]]). Tendo colaborado a cidade co invasor [[imperio persa|persa]], os atenienses declaráronlles a guerra e venderon ás súas mulleres como [[Historia da escravitude|escravas]]. Para que servise de exemplo, estas estatuas foron esculpidas en mármore para lembrar a sorte dos que colaboraron.
 
O Erecteion intacto foi descrito extensivamente por [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]].
Liña 37:
== Historia ==
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion3.jpg|miniatura|esquerda|220px|Erecteion, pórtico norte]]
A construción do templo, tal e como é visible hoxe, foi comezada durante a [[guerra do Peloponeso]]. Comezou cando a tregua da [[Paz de Nicias]] no [[-421]] e foi rematado entre o [[-409]] e o [[-405]], probablemente no [[-406]]. Pouco tempo despois, no ano [[-403]], Atenas tivo que capitular fronte a [[Esparta]], entrou na [[liga do Peloponeso]] e viu a súa [[democracia]] substituída pola [[Trinta Tiranos|tiranía dos Trinta]].
 
O templo foi modificado e danado en varias continuacións de xeito que o seu acondicionamento interior orixinal está suxeito a controversia. Foi primeiro danado por un incendio durante o período clásico, se cadra ata antes de ser rematado e foi restaurado. A ''cella'' oeste foi modificada no [[-377]] e no [[-27]].
 
No [[século VII]], o Erecteion foi transformado en [[Arquitectura bizantina|igrexa bizantina]]; os muros interiores foron destruídos e outros foron edificados. Durante o [[imperio otomán|período otomán]], o templo sufriu outros danos. En [[1463]], foi transformado para aloxar ao [[harén]] do comandante [[Turquía|turco]] da Acrópole e o pórtico norte foi tapiado. Máis adiante foi empregado como polvoreira.
A fin do edificio orixinal, tivo lugar cando os [[Venecia]]nos combateron aos otománs, estourando a polvoreira, destruíndose o teito e danando outros monumentos atopados preto do templo.
 
Máis tarde, [[Thomas Bruce]], sétimo conde de Elgin e embaixador [[Reino Unido|británico]] en [[Constantinopla]], fixo quitar unha das cariátides así como outras numerosas esculturas do Partenón e vendeunas ao goberno británico. Esta estatua áchase actualmente no [[Museo Británico]]. O edificio foi reconstruído no [[século XIX]].
 
As outras cinco Cariátides áchanse na actualidade no museo das Acrópoles, protexidas da corrosión e da polución. As seis estatuas que se atopan no sitio son réplicas exactas das orixinais.
 
 
{{Acrópole de Atenas}}