Batalla dos Campos de Pelennor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 17:
|baixas2 = Descoñecidas
}}
A '''Batalla dos Campos de Pelennor''' é unha batalla ficticia narrada na terceira parte da novela ''[[O Señor dos Aneis]]'', do [[escritor]] [[Reino Unido|británico]] [[J. R. R. Tolkien]].
 
A batalla comezou co asalto das forzas de [[Sauron]] á cidade de [[Minas Tirith]], a capital do reino de [[Gondor]], preto da fin da [[Guerra do Anel]], o 14 e 15 de marzo do año 3019 da [[Terceira Idade do Sol]], tan só dous días despois da [[Batalla de Pelargir]], na que [[Aragorn]], a [[Compañía Gris]] e o [[Mortos do Sagrario|exército dos mortos]] derrotaron ós [[corsarios de Umbar]] e roubaron os seus barcos. Este suceso converteuse na maior batalla da [[Guerra do Anel]].
Liña 27:
O exército de [[orco (Terra Media)|orcos]] de [[Sauron]], comprendido por uns 45 000 efectivos, comandado polo [[Rei Bruxo de Angmar]] e [[Gothmog (orco)|Gothmog]], o rexente de [[Minas Morgul]], irrompeu nos [[Campos de Pelennor]] directo á cidade. Os aliados de [[Mordor]] na batalla eran os guerreiros orientais de [[Rhûn]] e [[Khand]] e os [[Haradrim]] do sur. A defensa da Cidade estaba comandada por [[Gandalf]], xa que [[Denethor II]], senescal da cidade, volvérase tolo ó crer morto ó seu fillo [[Faramir]] e polas visións que lle amosaba o señor escuro a través da [[palantír]].
 
[[Aragorn]] e a compañía gris únense ós exércitos de [[Gondor]] que estaban nos feudos do sur para emprender o camiño cara a [[Minas Tirith]] remontando o [[Anduin]]. Mentres tanto, os exércitos do señor escuro Sauron lograban destruír o portón principal da cidade nun duro enfrontamento coas tropas gondorianas resgardadas tralos muros. Xusto despois da caída do portón chegaron os [[Rohirrim]] no medio do son dos seus cornos de batalla, cabalgando dende o norte para apoiar ós homes de Gondor. Despregáronse nunha liña de cabalería que cargou contra os orcos de Mordor, matando a moitos no choque, e facendo fuxir a moitos outros.
 
Ó mesmo tempo, os atacantes que penetraran o muro foron rexeitados no patio, e os cabaleiros de [[Dol Amroth]], seguidos polo resto dos defensores de Minas Tirith cargaron contra as tropas de Morgul. Os orcos emprenderon nese intre unha retirada xeral.
Liña 38:
Nesta batalla perden a vida:
* Na cidade, queimado nunha pira por si mesmo, [[Denethor II]], Senescal Rexente de Gondor.
 
* Polo exército do Oeste:
** [[Théoden]], rei de Rohan, esmagado polo seu propio cabalo na liorta contra o Rei dos [[Nazgûl]] e lugartenente de Sauron, o Rei Bruxo.
Liña 48 ⟶ 47:
** [[Gamelin]] e [[Dúnhere]], capitáns de Rohan.
** Perde a vida tamén [[Halbarad]], dúnadan da [[Compañía Gris]], mentres sostén o estandarte de [[Gondor]].
 
* Polo exército de Sauron, o propio [[Rei Bruxo de Angmar|Rei Bruxo]], que é despoxado dos seus poderes por [[Meriadoc Brandigamo]], soldado de Rohan, que emprega unha [[Dagas dos Túmulos|daga Numenóreana]], e por unha estocada final de [[Éowyn]] de Rohan, en cumprimento da vella lenda que dicía que ningún home mortal podería derrotar xamais ó Rei Brujo, posto que Éowyn de Rohan era unha muller.