Catarina de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 4:
Catarina naceu en [[Alcalá de Henares]] e foi a filla máis nova dos [[Reis Católicos]] [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]]. En [[1501]], Catarina casou con [[Artur Tudor]], [[Príncipe de Gales]], como contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o [[País de Gales]] mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente [[cólera]]. Catarina sobreviveu, mais Artur non, tornándoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa [[Xulio II, papa|Xulio II]] para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón [[Duque de York]] e herdeiro do trono.
 
O casamento ocorreu apenas a [[11 de xuño]] de [[1509]] despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o povo, tanto como Raíña, tanto como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en [[1516]] resultou nunha filla, a futura [[María I de Inglaterra]].
 
Despois de María, Catarina non volveu a concibir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A [[Guerra das dúas rosas|guerra das rosas]] como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba aínda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no [[Levítico]] de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina tería mentido en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en [[1527]]. Ao mesmo tempo, arrancara de [[Ana Bolena]] a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.
 
No [[Vaticano]] a toma de decisión durou sete anos. As xestións de [[Thomas Wolsey]] non foran ben suficientes. O papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa, segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en [[23 de maio]] de [[1533]], o Arcebispo da Cantuaria Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do [[Acto de Supremacia]] e a separación da [[Igrexa Anglicana]] da Igrexa de Roma, consumou a anulación.
 
Catarina foi separada da filla, a princesa María, e exilada da corte para vivir na provincia,en tal caso, con todos os privilexios dunha Princesa de Gales. Mais xamais aceptou o divorcio e continuou a asinar a correspondencia como ''Catherine the Queen''. Catarina morreu o [[7 de xaneiro]] de [[1536]], vítima dunha doenza prolongada, posibelmente cancro, e foi sepultada na Catedral de Peterborough coas honras dunha Princesa de Gales.