Aleixo IV Anxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
En [[1195]], cando Aleixo III destronou a Isaac II, o xove Aleixo foi enviado a prisión. En [[1201]], dous mercadores [[Pisa|pisanospisa]]nos conseguiron rescatalo, sacalo de [[Constantinopla]] e levalo a Alemaña, onde se refuxiou na corte do seu cuñado [[Filipe de Suabia]], casado coa súa irmá Irene. Estando na devandita corte, coñeceu a [[Bonifacio de Montferrato]], primo de Filipe, que fora escollido para liderar a [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]], pero que abandonara o asedio de [[Zadar|Zara]] para visitar a Filipe. Bonifacio e Aleixo falaron de desviar a Cruzada cara a Constantinopla, de forma que Aleixo e o seu pai puidesen recuperar o trono. A cambio, Aleixo proporcionaría soldados bizantinos para que loitasen na Cruzada, ademais de diñeiro para pagar a débeda dos cruzados cos [[Venecia|venecianosvenecia]]nos. Así mesmo, prometía devolver a [[Igrexa ortodoxa grega]] á obediencia do Papa. Os venecianos mostráronse partidarios do plan cando se lles comunicou, e, en [[1202]], a frota chegou a Constantinopla. Aleixo fixo unha demostración de forza fóra das murallas, pero os cidadáns non mostraron interese algún nel, pois aínda que Aleixo III fose un usurpador desde o punto de vista dos occidentais, resultaba un emperador aceptábel a ollos dos bizantinos.
 
En [[1203]], os cruzados asaltaron a cidade e Aleixo III fuxiu precipitadamente. Á mañá seguinte ao ataque, os cruzados sorprendéronse ao ver que os cidadáns de Constantinopla liberaran a Isaac e volvérano coroar como o seu emperador, a pesar do feito de estar cegado para que non puidese volver selo. Os cruzados non podían aceptar a situación, e obrigaron a Isaac a proclamar a Aleixo IV como coemperador. Malia as grandes promesas de Aleixo, Isaac, o máis experimentado e práctico dos dous, sabía que a tesourería imperial xamais sería suficiente para pagar a débeda dos cruzados. Aleixo parecía non ser consciente de ata que punto se desvalorizaran as finanzas imperiais no último medio século. Aínda así, conseguiu reunir a metade da suma prometida, tomando diñeiros da igrexa e confiscando propiedades dos seus inimigos. A continuación intentou derrotar ao seu tío Aleixo III, que se fixo co dominio de [[Tracia]]. O saqueo dalgunhas cidades tracias axudou en certa medida, pero mentres tanto, a hostilidade entre os cruzados instalados na capital e os habitantes da cidade crecía constantemente.
Liña 10:
 
Na noite do 27 ao 28 de xaneiro de 1204, Aleixo IV foi destronado polo dirixente do partido antioccidental, [[Aleixo V Ducas|Aleixo Murzufluo]]. Isaac II morreu pouco despois, de morte natural ou quizais envelenado, e Aleixo IV foi estrangulado o [[8 de febreiro]]. Murzufluo foi proclamado emperador co nome de Aleixo V.
 
 
{{Gobernante|