María II de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 3:
'''María II de Portugal''' (nada en [[Río de Janeiro|Río de Xaneiro]] o [[4 de abril]] de [[1819]] e falecida en [[Lisboa]] o [[15 de novembro]] de [[1853]]) foi [[Lista de reis de Portugal|raíña de Portugal]], alcumada ''a Educadora''. Nacida en [[Brasil]], foi a única [[América|americana]] [[xefe de estado]] dun estado [[Europa|europeo]].
 
Era a filla do rei [[Pedro IV de Portugal]], tamén [[Imperio de Brasil|emperador de Brasil]] co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a archiduquesa [[Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria]]. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de [[Portugal]].
 
== Ascenso ao trono ==
{{Artigo principal|Guerras Liberais}}
 
En marzo de [[1826]] morreu o rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán VI]], o que provocou unha [[Dereito de sucesións|crise de sucesión]] no país. O seu herdeiro, Pedro IV, proclamouse emperador de Brasil en [[1822]]. Xoán tiña outro fillo [[Miguel I de Portugal|Miguel]], pero estaba exiliado en [[Austria]] logo de liderar unha serie de levantamentos contra o seu pai e o seu réxime liberal.
 
O rei designou á súa filla preferida, Isabel María, rexente ata que o seu "herdeiro lexítimo regresase ao país". Pero xamais especificou quen era ese herdeiro, se era Pedro o emperador, ou Miguel, o príncipe no exilio.
 
Advertido de que os seguidores do seu irmán estaba listos para colocar a Miguel no trono, Pedro abdicou en favor da súa filla maior, María da Gloria, que só tiña sete anos de idade, coa condición de que casase co seu tío Miguel e de que este aceptase a Constitución Liberal e exercese a rexencia ata que a súa sobriña alcanzase a maioría de idade.
 
Miguel simulou que aceptaba a proposta, pero ao chegar a [[Portugal]], derrocou a María e proclamouse a si mesmo rei, abolindo a constitución liberal. Durante o reinado do seu esposo, María percorreu diversas cortes [[Europa|europeas]], incluíndo a do seu avó en [[Viena]] así como [[Londres]] e [[París]].
 
Pedro abdicou do trono brasileiro en [[1831]] en favor do seu fillo [[Pedro II do Brasil|Pedro de Alcántara]], e desde a súa base nas [[Azores]] atacou a Miguel, obrigándoo a abdicar en [[1834]]. María II retomou a coroa e conseguiu a anulación do matrimonio co seu tío.
 
== Reinado ==
O [[26 de xaneiro]] de [[1835]], con 15 anos de idade, casou con Carlos, duque de Leuchtenberg, fillo de [[Eugène de Beauharnais]] e neto da emperatriz [[Xosefina de Beauharnais|Xosefina]]. Carlos morreu o [[28 de marzo]] dese mesmo ano, dous meses logo da voda.
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1836]], María casou co príncipe [[Fernando II de Portugal|Fernando de Saxonia Coburgo Gota]] que gobernou como rei consorte. Recibiu o título, de acordo coa tradición portuguesa, ao nacer o seu primeiro fillo, o herdeiro.
 
O reinado de María II enfrontouse a unha insurrección o [[16 de maio]] de [[1846]], que foi sufocada polas tropas realistas o [[22 de febreiro]] de [[1847]]. Promulgouse unha acta ditada para asegurar a saúde pública que evitou que se expandise o [[cólera]] polo país. Ademais apoiou políticas que fomentaban o aumento do nivel educativo da poboación.
 
Tras diversos embarazos e partos, os médicos informaron a María II do perigo que supuña para a súa saúde dar a luz a un fillo por ano. María non fixo caso das advertencias e morreu ao dar a luz ao príncipe Uxío en [[1853]].