Velocidade da luz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
→‎Descrición: algo máis
Liña 159:
 
Se a información puidese viaxar máis rápido que ''c'' nun marco de referencia, a [[causalidade (física)|causalidade]] sería violada: noutros marcos de referencia, a información sería recibida antes de ser mandada; así, a causa podería ser observada despois do efecto. Debido á [[dilatación do tempo]] da relatividade especial, o cociente do tempo percibido entre un observador externo e o tempo percibido por un observador que se move cada vez máis preto da velocidade da luz aproxímase a cero. Se algo puidese moverse máis rapidamente que a luz, este cociente non sería un [[número real]]. Tal violación da causalidade nunca se observou.
[[Ficheiro:Light cone.png|miniatura|Cono de luz no espazotempo. Os acontecementos dos puntos A e B están nun mesmo sistema de referencia, os acontecementos en C non poden ser referenciados cos de A e B.]]
[[Ficheiro:Light cone.png|miniatura]]
Un cono de luz define a situación que está en contacto causal e aquelas que non o están. Para expoñelo doutro xeito, a información propágase de e cara a un punto de rexións definidas por un [[cono de luz]]. O [[intervalo (matemáticas)|intervalo]] AB no diagrama á dereita é de "tipo tempo" (é dicir, hai un marco da referencia en que acontecemento A e B ocorren na mesma situación no espazo, separados soamente pola súa ocorrencia en tempos diferentes, e se A precede B nese caso entón A precede B en todos casos: non hai caso de referencia no cal o evento A e o evento B ocorran simultaneamente). Deste xeito, é hipoteticamente posible para a materia (ou a información) viaxar de A cara a B, así que pode haber unha relación causal (con A a causa e B o efecto).