George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎1970-1980: arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Tras a disolución do grupo en [[1970]] Harrison gozou dun gran éxito artístico e comercial no inicio da súa carreira en solitario, co seu álbum triplo'' [[All Things Must Pass]]'' e a canción'' [[My Sweet Lord]]''. En 1971 organizou o [[The Concert for Bangladesh|Concerto para Bangladesh]], que foi o primeiro [[gala benéfica|concerto benéfico]] na historia do rock. Así mesmo, desenvolveu unha carreira de produtor cinematográfico, creando en 1978, xunto a [[Denis O'Brien]], a compañía [[Handmade Films]] para producir nun principio o filme ''[[Monty Python's Life of Brian]]'' (no que fai unha breve aparición), dos [[Monty Python]], aínda que máis tarde deu cabida, como actores, a xente da talla de [[Madonna]] (''[[Shanghai Surprise]]''). Antes de crear con [[Roy Orbison]], [[Tom Petty]], [[Jeff Lynne]] e [[Bob Dylan]] ( el ocultouse tras os pseudónimos de Nelson Wilbury e Spike Wilbury.) en 1988 o [[supergrupo]] [[Traveling Wilburys]], sufre os primeiros altibaixos na súa carreira en solitario. Esta formación produciu dous álbums.
 
CasoCasou dúas veces: primeiro casou con [[Pattie Boyd]] de 1966 a 1977, despois en 1978 casou con [[Olivia Trinidad Arias|Olivia Harrison]], con quen tivo un fillo, [[Dhani Harrison|Dhani]]. As súas aparicións son pouco frecuentes na década de 1990, durante a que participou no proxecto'' [[The Beatles Anthology|Anthology]]'' dos Beatles e traballou ocasionalmente nun álbum hipotético (''[[Brainwashed]]''), que finalmente foi terminado e publicado logo da súa morte. En 1997 diagnosticóuselle un cancro de pulmón, logo dun intento de asasinato que sufriu en 1999 e debilitado polo cáncer morre o 29 de novembro 2001.
 
En 2003 a revista ''[[Rolling Stone]]'' puxo a George Harrison no posto número 11 na [[Os 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos segundo Rolling Stone|lista dos 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos]].<ref>[http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-20111123/george-harrison-20111122 100 Greatest Guitarists George Harrison] {{en}}</ref> Máis de dez anos logo da súa morte, segue sendo considerado polo público como un dos máis grandes artistas do seu tempo.