Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado información na referencia
Banjo (conversa | contribucións)
A información xa referenciada no corpo do artigo non precisa referencia a maiores na introdución. A información básica para unha "cita libro", ademáis de autor e título, é a editorial, ano, isbn etc.
Liña 57:
Debido á súa reactividade química, o osíxeno non pode permanecer na atmosfera terrestre como elemento libre sen ser reabastecido constantemente pola [[fotosíntese|acción fotosintética]] dos organismos que utilizan a enerxía solar para producir osíxeno. O osíxeno elemental O<sub>2</sub> soamente empezou a acumularse na atmosfera logo da aparición destes organismos, aproximadamente fai 2500 millóns de anos.<ref>{{cita publicación periódica|título=NASA Research Indicates Oxygen on Earth 2.5 Billion Years ago|url=http://www.nasa.gov/home/hqnews/2007/sep/HQ_07215_Timeline_of_Oxygen_on_Earth.html|editor=[[NASA]]|data=27 de setembro de 2007|dataacceso=22 de xullo de 2012|lingua=inglés}}</ref> O [[alótropos do osíxeno|alótropo]] [[ozono]] ({{chem|O|3}}) é un forte absorbente de [[radiación ultravioleta]], e a [[capa de ozono]] a grande altitude da [[Terra]] axuda a protexer a biosfera desta radiación. Porén, o ozono é un axente contaminante preto da superficie terrestre, dándose como produto derivado do [[smog]]. A altitudes de [[órbita baixa terrestre]], o osíxeno atómico presente causa a [[corrosión]] das [[nave espacial|naves espaciais]].<ref>{{cita web|data-acceso=8 de agosto de 2009|url=http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|título=Atomic oxygen erosion|url-arquivo= https://web.archive.org/web/20070613121048/http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html |data-arquivo=13 de xuño de 2007|urlmorta=si}}</ref>
 
O osíxeno foi descuberto de forma independente polo [[químico]] [[Suecia|sueco]] [[Carl Wilhelm Scheele]] en [[Uppsala]] cara ao ano 1773, e polo [[científico]] [[Gran Bretaña|británico]] [[Joseph Priestley]] en [[Wiltshire]] no ano 1774,<ref>{{Cita libro|url= https://books.google.com.au/books?id=AzaNwjoduM4C&printsec=frontcover&dq=flogisto&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjQme_1z_jNAhXKOhQKHSHVDEkQ6AEIHTAA#v=onepage&q=flogisto&f=false |título=Del flogisto al oxígeno|autor=Jhon Cartwright |capítulo= Contexto histórico antes de la química en el siglo XVIII|lingua=es |dataacceso=16 de xullo do 2016}}</ref> pero Priestley adoita nomearse de forma prioritaria xa que a súa obra publicouse primeiro. En 1777 [[Antoine Lavoisier]] deulle o seu nome,<ref name="mellor" /> e grazas os seus experimentos axudou a desacreditar a ata entón popular [[teoría do floxisto]] da [[combustión]] e [[corrosión]]. O nome provén das raíces [[Grego antigo|gregas]] ὀξύς (oksýs) («ácido», literalmente «punzante», en referencia ao [[sabor]] dos [[ácido]]s) e γόνος (-gónos) («produtor», literalmente «enxendrador»), porque na época en que se lle deu esta denominación críase, incorrectamente, que todos os ácidos requirían osíxeno para a súa composición. As aplicacións máis habituais do osíxeno son entre outras o seu uso en [[calefacción]]s residenciais e [[motor de combustión interna|motores de combustión interna]], na produción de [[aceiro]], [[plástico]]s e [[téxtiles]], aplicacións de corte industrial e [[soldadura]] de aceiros e outros metais, como propulsor para [[foguete]]s, para [[terapia de osíxeno|terapias de osíxeno]] e [[sistema de soporte vital|sistemas de soporte vital]] en [[aeronave]]s, [[submarino]]s, [[nave espacial|naves espaciais]] tripuladas e no [[mergullo]].
 
== Características ==
Liña 209:
Foi descuberto polo [[farmacia|boticario]] [[Suecia|sueco]] [[Karl Wilhelm Scheele]] que produciu osíxeno gaseoso quentando óxido de mercurio e varios [[nitrato]]s ao redor do ano [[1772]],<ref name="ECE500"/><ref name="ECE499"/> Scheele chamou ao gas «aire do lume», porque era o único apoio coñecido para a combustión, e escribiu un informe do seu descubrimento nun manuscrito que titulou «Chemische Abhandlung von der Luft und dem Feuer» («Tratado químico do aire e do lume») e enviouno ao seu editor en 1775, aínda que non se publicou ata 1777.<ref name="NBB300">{{Harvnb|Emsley|2001|p=300}}</ref>
 
O seu traballo non tivo recoñecemento inmediato, sendo en ocasións atribuído a [[Joseph Priestley]], que fixo un descubrimento independente o [[1 de agosto]] de [[1774]]. Este levou a cabo un experimento no que enfocou a luz solar sobre [[óxido de mercurio(II)]] (HgO) no interior dun tubo de cristal, que liberou un gas que el chamou «aire desfloxisticado».<ref name="Priestley">{{Cita libro|url= https://books.google.com.au/books?id=AzaNwjoduM4C&printsec=frontcover&dq=flogisto&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjQme_1z_jNAhXKOhQKHSHVDEkQ6AEIHTAA#v=onepage&q=flogisto&f=false |título=Del flogisto al oxígeno|nome=John|apelidos=Cartwright |capítulo= Contexto histórico antes de la química en el siglo XVIII|lingua=es |isbn=9788460711117|editorial=Fundación Canaria Orotava|ano=2000}}</ref><ref name="ECE500"/> Notou que as candeas prendían máis vívamente no gas e que o rató estaba máis activo e vivía máis tempo mentres o respiraba. Tras inhalar el mesmo o gas, escribiu: «A sensación do gas nos meus pulmóns non era perceptiblemente diferente ao do aire normal, pero sentín o meu peito particularmente lixeiro e desafogado durante un intre despois».<ref name="NBB299"/><ref name="Priestley"/> Priestley publicou os seus achados en 1775 nun artigo titulado «An Account of Further Discoveries in Air» («Informe de máis descubrimentos no aire»), que incluíu no segundo volume do seu libro titulado ''Experiments and Observations on Different Kinds of Air''.<ref name="ECE499"/><ref>{{cita publicación periódica|título = An Account of Further Discoveries in Air|nome = Joseph|apelidos = Priestley|revista = Philosophical Transactions|ano = 1775|volume = 65|páxinas = 384–94|doi = 10.1098/rstl.1775.0039}}</ref> Debido a que publicou os seus achados primeiro, Priestley adoita ser considerado o autor do descubrimento.
 
O famoso químico francés [[Antoine Lavoisier]] reclamou posteriormente ter descuberto a substancia de forma independente. No entanto, Priestley visitou a Lavoisier en outubro de 1774 e faloulle sobre o seu experimento e de como liberara o novo gas. Scheele tamén escribiu unha carta a Lavoisier o 30 de setembro dese mesmo ano, na que describía o seu propio descubrimento da substancia antes descoñecida, pero o francés nunca recoñeceu tela recibido. Logo da morte de Scheele atopouse unha copia da carta entre as súas pertenzas.<ref name="NBB300"/>