Centurión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Pequenos engadidos
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Centurio 70 aC - cropped.jpg|200px|miniatura|Aspecto dun centurión do ano 70 d.C.]]
Na [[Roma]] antiga, un '''centurión''' (en [[Lingua latina|latín]] ''centurio''; en grego εκατοντάρχος, ''hekatontarchos'') era un oficial profesional do [[Exército romano|exército]], equiparable actualmente a un mando intermedio, sendo tamén definido por [[Polibio]]<ref>Polibio, VI, 24.5</ref> como ''conductor ordinum''.
 
Os centurións comandaban unha [[centuria]] de soldados e había corenta en cada [[lexión]] entre os séculos V a III a.C., sesenta até a reforma de [[Mario (cónsul)|Mario]] (século I a.C.) e trinta despois. Conforme ascendía, pasaba a comandar unha [[cohorte]] e remataba como ''primus pilus'' ("primeira lanza" en latín) dunha lexión. Os centurións dunha cohorte eran ''pilus prior'', ''pilus posterior'', ''princeps prior'', ''princeps posterior'', ''hastatus prior'' e ''hastatus posterior'' nas cohortes II a X.