Flamenco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Evolución dos Palos: Lucena, Andalucía
Liña 154:
Coñécese como ''palo'' a "cada unha das variedades tradicionais do cante flamenco".<ref>Véxase a [[drae:palo|11.ª acepción do termo ''palo'' no DRAE]].</ref> Cada palo ten o seu propio nome, unhas características musicais únicas que se chaman "claves" ou "modos", unha progresión armónica determinada e uns esquemas rítmicos chamados "compás". Os palos poden clasificarse seguindo varios criterios: segundo sexa o seu compás, a súa ''jondura'', o seu carácter serio ou festeiro, a súa orixe xeográfica, etc.
=== Evolución dos Palos===
O [[fandango]], que no [[século XVII]] era o cante e baile máis estendido por toda España, co tempo acabou xerando variantes locais e comarcais, especialmente na [[provincia de Huelva]]. Na Alta Andalucía e zonas limítrofes os fandango acompañábanse coa [[bandola]], instrumento co que se acompañaba seguindo un compás regular que permitía o baile e de cuxo nome deriva o estilo "abandolao". Deste xeito xurdiron os fandangos de [[Lucena, Andalucía|Lucena]], os zánganos de [[Puente Genil]], as [[malagueña]]s primitivas, as [[rondeña]]s, as [[jabera]]s, os [[jabegote]]s, os [[verdiales]], o [[chacarrá]], a [[granaína]], o [[Taranto (música)|taranto]] e a [[taranta]]. Por mor da expansión das sevillanas na Baixa Andalucía, o fandango foi perdendo o seu papel de soporte do baile, o que permitiu un maior lucimento e liberdade do cantaor, xerándose no [[século XX]] multitude de fandangos de creación persoal. Así mesmo, miles de campesiños andaluces, especialmente das provincias de Andalucía Oriental, emigraron aos xacementos mineiros [[Rexión de Murcia|murcianos]], onde os [[Taranto (música)|tarantos]] e as [[taranta]]s evolucionaron. A Tarante de [[Linares, España|Linares]], evolucionó cara á [[Minera (cante flamenco)|minera]] da Unión, a [[cartagenera]] e a [[levantica]]. Na época dos cafés cantantes, algúns destes cantes, se desligaron do baile e adquiríronse un compás libre, que permitía o lucimento dos intérpretes. O gran impulsor deste proceso foi [[Antonio Chacón]], quen desenvolveu versións preciosistas de malagueñas, granaínas e cantes mineros.
 
A estilización do romance e dos [[pregos de cordel]] deu lugar ao [[drae:corrido|corrido]]. A extracción dos romances de cuartetas ou de tres versos significativos deu lugar ás [[toná]]s primitivas, á [[Caña (flamenco)|caña]] e ao [[Polo (música)|polo]], que comparten métrica e melodía pero que difieren na súa execución. O acompañamento da guitarra deulles un compás que as fixo bailables. Crese que a súa orixe estivo en [[Distrito Ronda|Ronda]], cidade da [[Alta Andalucía]] próxima á [[Baixa Andalucía]] e moi relacionada con ela, e que desde alí chegaron ao arrabal sevillano de [[Triana, Sevilla|Triana]], con gran tradición de corridos, onde se transformaron na [[Soleá (baile)|soleá]]. Da interpretación festiva de corridos e soleares xurdiron en Triana os [[Jaleo (cante)|jaleos]], que viaxaron a [[Estremadura]] e que en Xerez e [[Utrera]] derivaron na [[Bulería (música)|bulería]], desde onde se difundiron por toda a Baixa Andalucía, xerando variantes locais.