Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Resío
m arranxiño
Liña 2:
[[Ficheiro:Vendanges - côtes de Beaune.JPG|miniatura|dereita|Vendima en Borgoña, Francia]]
 
A '''vendima''' é a acción de recoller a [[uva]] para colleitala coma [[alimento]] ou materia prima para o [[viño]], así coma a época do [[Ano (astronomía)|ano]] na que se realiza. A época da vendima coincide co final do [[verán]], en Galicia habitualmente a fins do [[mes]] de [[setembro]] e primeiros de outubro<ref>Xosé Posada. ''Os viños de Galicia''. Editorial Galaxia, 1979, páxina 149</ref>, pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores de [[Galicia]] ([[Ribeira Sacra]], [[Denominación de Orixe Valdeorras|Valdeorras]]) a colleita faise máis cedo (finais de [[agosto]]) debido a que a maior calor [[verán|estival]] do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da [[lúa]] para decidir a data da vendima. Fóra de [[Galicia]] existe unha variedade de viño chamada ''viño de xeloxeo'' que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do [[Resío|orballo]], o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
 
=== Variantes ===