Staré Město: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Prague Old Town Square, Czech Republic - Oct 2010.jpg|miniatura|240px|dereita|Praza de Staré Město.]]
'''Staré Město''' (do [[Lingua checa|checo]]: ''Cidade Vella'') é o asentamento orixinal da cidade de [[Praga]], [[República Checa]]. Foi separada do exterior por un foxo semicircular e unha [[muralla]], conectada ao [[río Moldava]] nos seus extremos. O foxo está hoxe cuberto polas rúas (de norte a sudoeste) Revolučni, na Příkopě, e Národni, que seguen a ser o límite oficial da distrito de ''Staré Město''.
 
Pouco despois da expansión da cidade, levada a cabo durante o [[século XIV]] por [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]], coa fundación da [[Nové Město]] (do [[checo]]: ''Cidade Nova''), o foxo e a muralla foron desmantelados. Algúns lugares destacados de Staré Město son a [[Sinagoga Vella-Nova]], a [[Praza de Staré Město]] e o [[Reloxo Astronómico de Praga|Reloxo Astronómico]]. Cruzando o [[río Moldava]] está o histórico distrito de [[Malá Strana]]. Estás dúas partes da cidade están conectadas pola [[Ponte de Carlos]]. O barrio de [[Josefov]] está localizado no recuncho noroeste da Cidade Vella.