Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
{{cita|''Olo autem dux ad [[:a:Bilitio|Bilitionem]] huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est''}}
 
Durante o alto [[medioevo]] Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre [[Como]] e [[Milán]], para entrar na grande órbita milanesa a partir do [[século XV]]. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes político-militares do [[ducado de Milán]], Bellinzona foi cedida polos [[Francia|franceses]] aos confederados [[suízo]]s. A cidade será controlada como [[bailía]] (especie de colonia) até finais do [[século XVIII]] cando [[Napoleón]] invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en [[1803]] para daren vida ao cantón do Tesino.
 
Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do [[Tribunal Penal Federal]]. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.
 
== Xeografía ==
A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do [[río Tesino]]. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do [[paso de San Gotardo|San Gotardo]], [[Lucomagno]], [[San Bernardino]] e de [[Nufenen]]. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84  km² e a súa poboación a decembro de [[2006]] era de 16 983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de [[Gorduno]], ao leste con [[Arbedo-Castione]], ao sur con [[Sant'Antonio]], [[Pianezzo]] e [[Giubiasco]], e ao oeste con [[Monte Carasso]].
 
== Cultura ==
381.175

edicións