Múnic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 40:
 
== Historia ==
O asentamento foi fundado como ''Munichen'' no [[1158]] por [[Henrique o León]], duque de [[Saxonia]], e media centuria despois conseguía o título de cidade e era fortificada. Inicialmente, o bispo [[Otto von Freising]]([[Freising]]) e Henrique disputáronlle a cidade ao emperador no ''[[Reichstag]]'' en [[Augsburgo]]; no [[1180]], co acordo de Henrique o León, [[Otto de Wittelsbach]] fíxose [[duques de Baviera|duque de Baviera]], fundando a dinastía [[Wittelsbach]], que dirixiría Baviera até [[1918]]. No [[1255]], o ducado de Baviera dividiuse en dous, e Múnic converteuse na capital da [[Alta Baviera]].
 
No [[1327]], a cidade enteira foi destruída polo lume, pero reconstruída con éxito algúns anos despois por [[Luís IV]], quen tiña daquela o trono do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. No [[1632]] a cidade caeu baixo control de [[Gustavo Adolfo II de Suecia]] na [[Guerra dos Trinta Anos]], pero no [[1705]] foi reconquistada polos [[Habsburgo]]. A primeira institución académica da cidade, a [[academia Bávara de Ciencias]], foi fundada na cidade no [[1759]]. A cidade creceu de xeito rápido até se converter nunha das maiores cidades da [[Europa]] continental. No [[1806]], chegou á capitalidade do estado monárquico bávaro, sede do parlamento estatal (''[[Landtag]])'' e da nova arquidiocese de Múnic e Freising. Vinte anos despois outra prestixiosa institución educativa, a [[Universidade Landshut]], asentouse en Múnic.
 
Moitos dos mellores edificios da cidade datan deste período, baixo o estilo de arquitectura ''Maximiliano'', nomeado así polo rei [[Maximiliano I]]. Estes edificios inclúen a ''Ludwigstraße,'' a ''Ruhmeshalle,'' e a ''Königsplatz'' construídos polos arquitectos [[Leo von Klenze]] e [[Friedrich von Gärtner]], e a estatua "Baviera", feita por [[Schwanthaler]].
[[Ficheiro:München 016.jpg|miniatura|esquerda|[[Sinagoga]] principal de [[Múnic]], inaugurada o [[9 de novembro]] de [[2006]] despois de ser esnaquizada en [[1938]] durante a [[Noite dos cristais rotos]]]]
 
En [[1882]] introduciuse a iluminación eléctrica e a cidade foi a sede da primeira exhibición de [[electricidade]] en [[Alemaña]]. Dezanove anos despois o [[Zoo Hellabrunn]] abriu na cidade. Tras a [[I Guerra Mundial]], a cidade foi o centro que deu a [[Adolf Hitler]] e aos [[nazi]]s o comezo do poder sobre [[Alemaña]]. No [[1923]] [[Adolf Hitler|Hitler]] e os seus seguidores concentráronse na cidade para tratar de derrocar o [[goberno]] e coller o poder, revolta que foi un fracaso, co resultado do arresto de [[Adolf Hitler|Hitler]] e o [[Partido Nacional-Socialista]] virtualmente descoñecido fora de Múnic. Porén, a cidade volveu ser un dos baluartes [[nazi]]s de novo cando conseguiron o poder en [[1933]].
Liña 58:
Outras atraccións turísticas famosas inclúen o Xardín Inglés (''[[Englischer Garten]]''), un parque axardinado próximo ao centro da cidade que conta cunha área nudista, o ''[[Deutsches Museum]]'' (Museo de Ciencias), e o ''Rathaus-Glockenspiel'', un reloxo ornamental con figuras móbiles na Casa do Concello. Pode que a máis famosa atracción de Munic sexa a [[Oktoberfest]], unha celebración de dúas semanas en relación coa [[cervexa]] (de finais de setembro a primeiros de outubro, todos os anos). Máis edificios famosos son a ''Frauenkirche'' (Catedral da Nosa Señora) e o ''Olympiaturm'' (Torre Olímpica, unha estación de radio e TV situada no parque olímpico).
 
A Olympiaturm lembra o [[masacre de Múnic]], ocorrido nas [[Xogos Olímpicos de 1972|Olimpíadas de 1972]] que tiveron lugar na cidade, na que terroristas armados do grupo palestino "[[Setembro Negro]]" colleron como reféns ao equipo olímpico [[Israel|israelíisrael]]í. Unha tentativa de rescate foi infrutuosa, co resultado da [[masacre de Múnic|morte]] dos israelís hospedados, 5 terroristas, e un policía alemán. Tamén tivo lugar na cidade a [[Copa Mundial de Fútbol 1974]].
 
=== Arredores ===
Liña 75:
O seu punto máis alto é o Warnberg, situado no décimo noveno distrito (Thalkirchen - Obersendling - Forstenried - Fürstenried - Solln), cunha altura de 519 m. A cota máis baixa, de 492 m, atópase ao norte, no distrito de Feldmoching.
 
O [[río Isar]] transcorre pola cidade durante un total de 13,7  km, entrando polo suroeste e abandonándoa polo nordeste. No río áchanse varias illas, como a Museumsinsel (Illa do Museo), chamada así porque nela atópanse o Deutsches Museum (museo da Historia da Ciencia e a Técnica Alemá), ou a próxima Praterinsel.
 
Ao redor da cidade existen numerosos lagos, dos cales se poden destacar: o Ammersee, o Wörthsee e o Starnberger See.
Liña 92:
 
== Economía ==
[[Ficheiro:BMW building munich.jpg|miniatura|300px|Edificio [[BMW]] en [[Múnic]], [[Alemaña]]. Un dos poucos edificios que foron construídos de arriba a abaixo. E o museo BMW.]]
Segundo unha comparación entre as cincuenta máis grandes de [[Alemaña]], realizada pola revista Wirtschaftswoche, a INSM e a Kölner IW Consult GmbH, Munic é a cidade que ten a mellor calidade de vida e un maior benestar económico. O estudo presentado en [[Berlín]] o [[30 de xuño]] do [[2006]] declara a capital bavara como a cidade con máis éxito económico de [[Alemaña]], seguida por [[Frankfurt]] a.M., [[Stuttgart]], [[Düsseldorf]] e [[Maguncia]]. Nel valóranse indicadores económicos e de infrastruturas como a produtividade, os investimentos, a innovación, a taxa de paro, o número de habitantes altamente cualificados ou os soldos. Múnic conseguiu 77,6 puntos dos 100 posibles, mentres que o resto de cidades da lista quedaron a unha notable distancia, por baixo dos 70 puntos.