Diferenzas entre revisións de «Macroscelídeos»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}})
A dos '''macroscelídeos''' ('''''Macroscelidea''''') é unha [[orde (bioloxía)|orde]] de [[mamíferos]] [[placentarios]] [[afroterios]] coñecidos vulgarmente como '''musarañas elefante'''.<ref name=M>[http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?id=11200001 Schlitter, D. A. (2005): "Order Macroscelidea"], en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. ''[[MSW|Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference]]'' 3rd ed. Baltimore, Mryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. pp. 82–85.</ref>
 
Comprende 16 [[especie (bioloxía)|especies]] vivas agrupadas en 4 [[xénero (bioloxía)|xéneros]] nunha única [[familia (bioloxía)|familia]] actual, a dos '''macroscelídidos''' ('''''Macroscelididae''''').<ref name=MM>[http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?id=11200002 ''Macroscelididae'' Bonaparte, 1838] en ''[[MSW]].</ref>
 
Son pequenos animais cun [[fociño]] longo e [[pata]]s traseiras alongadas, que viven no solo e se alimentan principalmente de [[insecto]]s. Todas as especies da orde habitan no [[África|continente africano]].
== Características ==
 
As musarañas elefante teñen un certo parecido coas [[musarañas]], pero son de maior tamaño. Alcanzan unha lonxitude corporal de 10 a 31 &nbsp;cm e teñen unha cola de 8 a 25 &nbsp;cm de longo.
O seu peso varia entre os 25 e os 280 g. Porén, os máis grandes rincocións (''[[Rhynchocyon]]'') poden alcanzar un peso de até 700 g.
 
Teñen as patas longas e delgadas. As patas traseiras son máis longas que as dianteiras. Os dedos polgares son moi pequenos ou faltan completamente. As patas traseiras están concibidas para avanzar a saltos. Como moitos outros mamíferos, as musarañas elefante páranse e camiñan apoiándose nos dedos das súas patas ([[dixitígrado]]s).
 
Posúen unha longa cola, case pelada, que ten certo parecido á dunha [[rata]].
 
As musarañas elefante marcan o seu territorio coas secrecións que producen coas [[glándula]]s odoríferas da parte inferior da cola, e con outras glándulas situadas nas patas, peito e ano.
 
As femias teñen de dous a tres pares de [[mama]]s.
 
=== Orde ===
A orde foi fundada en [[1956]] polo [[zoólogo]] [[Gran Bretaña|británico]] [[Percy M. Butler]] (1912 - 2015).<ref name=M/>
 
=== Familia ===
Os nomes da orde, e da familia, derivan do nome do seu xénero tipo, ''Macroscelides'', coas desinencias do [[latín|latín científico]] ''-idea'' e ''´-ídae'', respectivamente (ambos os elementos derivan do [[grego antigo]] εἴδος ''eídos'', "aspecto", "aparencia", "forma").
 
O nome do xénero tipo, ''Macroscelides'', está formado polos elementos do latín científico ''macro-'', calco do grego μακρο- ''makro'' (de μακρός ''makrós'', "longo"), e ''-scelides'', tirado do grego antigo σκέλος ''skélos'', "pata". Literalmente: "o de patas longas".<ref>[http://www.myetymology.com/latin/Macroscelides.html myEtymology].</ref>
 
=== Clasificación ===
A orde, e a súa única familia comprende actualmente 16 [[especie (bioloxía)|especies]] divididas en 4 [[xénero (bioloxía)|xéneros]]:<ref name=MM/>
 
<big>'''Orde ''Macroscelidea'''''</big>
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Wikispecies|Macroscelidea}}
=== Bibliografía ===
* Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): "Elephants Scheews, Macroscelididae", en: ''A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar''. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. pp. 313-320&nbsp;313–320.
* Rathbun, Galen B. (1984): en Macdonald, D., ed. ''The Encyclopedia of Mammals''. New York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. &nbsp;730–733.
 
=== Outros artigos ===
393.002

edicións