Bahrain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 64:
| membro_de = [[ONU]], [[Liga Árabe]], [[Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo Pérsico|CCEAGP]]
| notas = ¹ Inclúe 235.108 habitantes non nacionalizados.
}}
 
O '''Reino de Bahrain''' ('''Mamlakat al-Bahrain'''), '''Bahrein''' ou '''Bahrain''', é un país do [[Medio Oriente]]. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e existen entre 25 e 28 illotes menores. Está situado no [[Golfo Pérsico]], compartindo fronteiras marítimas con [[Qatar]] polo Sur e o Leste; e con [[Arabia Saudita]] polo Oeste e o Noroeste, unidos pola [[Calzada do Rei Fahd]].
 
O nome [[lingua árabe|árabe]] do país, ''Mamlakat al-Bahrayn'', significa literalmente «reino dos dous mares».
 
== Historia ==
 
Bahrain foi poboado desde tempos prehistóricos. A súa estratéxica posición no [[Golfo Pérsico]] fixo que fose controlada e influenciada polos [[Asiria|asirios]], [[babilonio]]s, [[grecia|gregos]], [[Persia|persas]] e finalmente polos [[Arabia|árabes]], na que a illa converteuse ao [[Islam]]. Bahréin foi coñecida en tempos antigos como [[Dilmun]], Tylos (nome dado polos gregos), Awal ou Mishmahig cando foi parte do [[Imperio Persa]].
 
As illas foron nun principio refuxio dos musulmáns garmatas, sendo ocupadas por [[Portugal]] en [[1507]]. No período de [[1602]] a [[1783]] pasaron a estar baixo a dependencia de [[Persia]] como un territorio cun goberno ocasional. En [[1783]] é gobernada pola dinastía árabe dos [[al Khalifa]] xa como un jecato independente separado de Persia. Debido ás pretensións de Persia de recapturar as illas, someteuse en [[1861]] baixo protectarado británico, a cambio de protección e foi ratificado segundo os Tratados de [[1880]], [[1892]] e [[1913]]. Aínda así [[Irán]] reivindicou para si a posesión do arquipélago, aínda que renunciou ás súas pretensións en [[1970]] e en [[1980]].
 
En [[1932]] comézase a escavar pétroleo na zona. Na década de 1950 comezan a xurdir movementos de reivindicación nacionalista que reclamaban a independencia.
 
En [[1968]] Bahrain integrouse na [[Emiratos Árabes Unidos|Federación de Emiratos Árabes]], aínda que tres anos despois decidiu independizarse, [[14 de agosto]] de [[1971]], manténdose á dinastía dos [[al Khalifa]] á fronte do Estado, e o [[xeque]] asume o título de [[emir]]. Ese mesmo mes asinouse un tratado de amizade con [[Gran Bretaña]] que retirou as súas tropas da rexión e en decembro asinouse un novo tratado cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] de forma que a mariña americana obtivo permiso para instalarse na base naval de [[al-Jufayr]].
 
En xuño de [[1973]] promulgouse unha nova constitución que deu lugar á elección do primeiro parlamento democrático elixido por sufraxio universal no mes de decembro. Pero, tras saltar un conflito entre a asemblea e o Emir [[Isa bin Sulman al Khalifa]] xusto un ano despois, disolveuse a asemblea nacional e procedeuse á detención de varias decenas de membros da oposición. A constitución foi suspendida e todos os poderes foron asumidos polo Emir [[Isa bin Sulman al Khalifa]].
 
En [[1977]] [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] evacuou a base naval de [[al-Jufayr]]. A revolución iraniana repercutiu no país na década dos 80 debido ao efecto que producía un poder [[Sunnismo|sunní]] sobre unha poboación maioritariamente [[chiísmo|chiíta]], como consecuencia deste feito, en [[1981]] créase o clandestino [[Fronte para a Liberación Nacional]] e [[Irán]] reivindica, de novo, algunhas das illas do emirato. Bahrain asinará entón un acordo de defensa con [[Arabia Saudita]] e entrará a formar parte do [[Consello de Cooperación do Golfo]]. En [[1983]] permitiuse a formación da organización parasindical dos Traballadores do Petróleo.
 
Na década de 1990 creceu a presión por reformas políticas, con protestas durante [[1994]] e [[1995]], á súa vez en [[1996]] o goberno deteiene a 29 persoas acusándoas de estar implicados nun complot para derrocar a monarquía e instaurar unha república islámica acusando a Irán desta conspiración.
 
En 1999 o Emir Isa bin Sulman al Khalifa morre e o seu fillo Hamad bin Isa al Khalifa herda o trono, permitindo alcanzar unha transición democrática no país. No [[2002]] o Emir asume o trono como Rei.
 
== Goberno e Política ==
Bahréin é unha monarquía hereditaria baixo o mandato da familia [[Al Khalifa]]. O Rei é o Xefe de Estado e o Primeiro Ministro é Xefe do Goberno. Ambos os postos están ocupados por membros da familia Al Khalifa, co rei [[Hamad bin Isa Al Khalifa]] e o Primeiro Ministro, o seu tío [[Khalifa bin Salman Al Khalifa]]. Ambos gobernan baixo a consulta dos seus ministros. O sistema xudicial é relativamente independente do goberno e está baseado en diversas fontes legais, incluíndo a Lei Islámica sunnita e xiíta. O novo rei está traballando para impor dereitos civís e incrementar as reformas democráticas. Celebráronse eleccións municipais no [[2002]] e eleccións lexislativas no [[2004]]. O Rei Hamad ten tamén intencións de crear unha cámara lexislativa composto por delegados elixidos conformado de homes e mulleres.
 
== Poetas árabes ==
[[Ali Al Jallawi]]
 
== Organización político-administrativa ==
 
Bahréin está dividido en cinco '''gobernacións'''.
 
# [[Capital (Bahréin)|Capital]]
Liña 105:
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Governorates of Bahrain.svg|miniatura|dereita|200px|Gobernacións de Bahréin]]
 
Bahréin é un emirato da costa oriental da [[península Arábiga]], no [[golfo Pérsico]] situado entre os [[paralelo]]s 25º 32" e 26º 20" de latitude Norte e os [[meridiano]]s 50º 20" e 50º 50" de lonxitude Este.
 
Está constituído por un arquipélago de 33 illas, das cales as principais son: a illa de '''Bahréin''', onde se atopa a capital, [[Manama]], cun tamaño de 48 [[km]] de norte a Sur e 16  km deste a oeste supondo o 85% da superficie total do estado; e a próxima illa de '''Muharraq''' (de 18 [[km²]]) unida á anterior por unha estrada elevada sobre un dique fronte a [[Manama]].
 
Outras illas de menor importancia son as illas '''Hawar''' con 50 [[km²]], fronte á costa de [[Qatar]]; a deserta illa de '''Umm Na'san''' (na costa occidental de Bahréin), con 19 [[km²]], unida coa illa de Bahréin e Arabia Saudita coa Calzada do Rei Fahd; e a illa de '''Sitra''' de 10 [[km²]] situada na costa oriental onde se concentra unha importante industria, a illa está conectada por unha estrada elevada á illa de Bahréin.
 
Bahréin non ten accidentes de importancia exceptuando o '''Jabal ad-Dukhan''' ou ''Montaña de Fume'' (polo aspecto que presenta os días quentes e húmidos). Este pico é a maior altitude do arquipélago con 137 [[m]] de altura, e está situado no centro da illa de Bahréin. Bahréin atópase no golfo pérsico.
 
Só as terras ao norte e noroeste desta montaña son aproveitables para a agricultura de datileras e hortos, grazas á utilización de [[pozo artesiano|pozos artesianos]], [[manancial|mananciais]] e [[planta desalinizadora|plantas desalinizadoras]]. O resto de terras, ao sur, leste e oeste dela, son desérticas con algúns pequenos pantanos.
 
En canto ao clima, os invernos poden considerarse fríos con choivas dispersas (74 [[mm]]/[[ano (astronomía)|ano]]), duran de decembro a febreiro e o clima vese influenciado por sistemas de baixas presións do [[Mediterráneo]] que viaxan cara ao leste polo golfo. Os veráns son quentes e con gran humidade con temperaturas entre 38 e 42[[Grao Celsius|°C]] e [[humidade relativa|humidades relativas]] entre o 67 e o 82%.
 
[[Ficheiro:Manama bahrain.jpg|miniatura|dereita|250px|Vista lateral de Bahréin desde o espazo]]
Liña 123:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Bahrain}}
A economía de Bahréin está baseada fundamentalmente no [[petróleo]]. En [[1932]] comezou a explotarse o primeiro pozo de petróleo da rexión, que aínda que é de tamaño modesto, a produción anual descendeu por baixo das 3 Mt, permitiu a modernización do estado.
 
No entanto, existen importantes reservas de [[gas natural]] (180.000 millóns de m³) e outro tipo de actividades industriais: [[refinería de petróleo]] de 12 Mt de capacidade que procesa petróleo de [[Sudán]]; fundición de [[aluminio]] (120.000 t/ano) que importa o mineral de [[bauxita]] de ultramar, e fábricas de [[Cemento (construción)|cemento]].
 
En canto outro tipo de actividades do sector servizos, pódese dicir que estas cada vez teñen unha maior repercusión na economía do arquipélago, debido ao papel de praza financeira internacional de grande actividade que é Bahréin. É sede de numerosos [[banco]]s, dispón de [[zona franca]] e desenvolveu unha importante infraestrutura portuaria e de comunicacións por estrada.
 
A pesar de todo isto a renda media é a máis baixa de todos os pequenos estados petroleiros do [[golfo Pérsico]].
 
[[Ficheiro:Modern Manama.jpg|miniatura|esquerda|275px|[[Manama]], a opulenta capital de Bahrein.]]
Liña 135:
== Demografía ==
[[Ficheiro:Bahrain population.svg|dereita|250px|miniatura|Evolución da poboación entre 1960 e 2010 (cifras da [[Département des affaires économiques et sociales|DAES]], 2012). Poboación en miles de habitantes.]]
 
Ao ano [[2007]], Bahrein ten unha poboación de 708.500 habitantes. O 62.4% naceu neste país e o restante 37.6% son inmigrantes na súa maioría africanos e asiáticos. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 74 anos. O 89.1% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.57.
 
A relixión oficial de Bahréin é o [[Islam]], cunha poboación composto maioritariamente por [[xiíta]]s e [[sunnita]]s, pero hai pequenas minorías [[xudeu|xudías]] e [[cristián|cristiás]]. Moitos bahreníes son de orixe árabe, aínda que algunhas tribos son de orixe persa ("''Bahaareyneh-gaan''").
 
As comunidades actuais poden ser clasificadas como os Al Khalifa, tribos árabes aliadas á familia Al-Khalifa, os Baharnah (árabes xiítas), os Howilla (árabes sunnitas de Persia), árabes sunnitas (de Arabia), Ajam (xiítas persas), hindús que foron traídos a Bahréin en éraa do petróleo (son chamados Banyan) e unha pequena comunidade [[xudaísmo|xudía]], entre outros grupos.
 
== Festas ==
 
{|
Liña 183 ⟶ 182:
| Morte do imán Husain Ao Shaheed (xiíta)
|
|}
 
A Bahrain adóitaselle describir como o "Oriente Medio Lixeiro": un país que mestura unha infraestrutura dunha modernidade extrema cunha identidade definitivamente persa, só que a diferenza doutras nacións da zona, a súa riqueza non é só un reflexo da magnitude da súa riqueza petrolífera, senón que está unida tamén á creación dunha poboación indíxena de clase media. Este feito único diferenciador do Golfo Pérsico tradúcese en que Bahrain tende a ser máis liberal en xeral que os seus veciños. Aínda que o Islam é a relixión maioritaria, os bahreiníes destacan pola súa tolerancia, o que fai posible ver mesquitas xunto a igrexas, un templo hindú, unha Gurudwara Sikh e unha sinagoga xudía. Este país converteuse en lugar de acollida para diversas comunidades vítima da persecución noutros lugares.
 
Agora resulta habitual atopar seminarios sobre temas que antes eran insólitos, como problemas maritales e sexo e abuso infantil. Outra nova faceta de que ilustra o status bahreiní en canto a apertura ten que ver con que é o país máis prolífico en canto á publicación de libros dentro do mundo árabe, con 132 títulos publicados en 2005 para unha poboación de 700.000. En comparación, a media do total da comunidade árabe é de sete libros publicados por cada millón de habitantes en 2005, segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento.
 
Algunhas celebridades vinculadas ao reino inclúen aos cantantes [[Michael Jackson]], [[Shakira]] e ao piloto británico de [[Fórmula 1]] [[Jenson Button]], con propiedades alí.
Liña 202 ⟶ 201:
===Outros artigos===
{{Commons|Bahrain}}
* [[Gran Premio de Bahréin]].
 
{{Asia}}