Tratado de Lausana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 5:
O tratado de Lausana invalidou o [[Tratado de Sèvres]], asinado polo [[Imperio Otomán|Imperio otomán]] tras a Primeira Guerra Mundial, pero que non fora aceptado polo novo estado turco fundado por [[Mustafa Kemal Atatürk|Kemal Ataturk]] trala [[Guerra de Independencia Turca]]. O [[20 de outubro]] de 1922 deu comezo a conferencia de paz, que foi interrompida tras intensas discusións o [[4 de febreiro]] de [[1923]] e retomada o [[23 de abril]] do mesmo ano. O texto final foi asinado o 24 de xullo, despois de oito meses de deliberacións.
 
Os principais signatarios foron [[İsmet İnönü]] pola parte turca e [[Eleftherios Venizelos|Eleftherios Venizelos]]pola parte grega. O tratado outorgaba a Turquía a [[Tracia]] oriental, as illas de [[Imbros]] e [[Ténedos]] no [[Mar Exeo|Exeo]] nororiental, e garantía a protección da minoría grega en Turquía e turca en [[Reino de Grecia|Grecia]] respectivamente. Non obstante, de acordo co chamado [[Intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía|acordo de intercambio de poboación]], a maioría da poboación grega de Turquía foi trasladada a Grecia, da mesma forma que unha parte importante da poboación turca de Tracia occidental foi trasladada a Turquía.
 
En total calcúlase que aproximadamente 1.650.000 gregos foron desprazados dos seus fogares en [[Anatolia]] e 670.000 turcos de Grecia foron trasladados a Turquía. Exceptuouse á minoría grega de [[Istambul]] (125.000 gregos) e aos habitantes gregos das illas de Imbros e Ténedos. En Grecia permaneceron 110.000 turcos, fundamentalmente na Tracia occidental. A república de Turquía recoñeceu así mesmo o mandato [[Reino Unido|británico]] sobre a illa de [[Chipre]].
Liña 11:
== Novas fronteiras ==
[[Ficheiro:Turkey-Greece-Bulgaria_on_Treaty_of_Lausanne.png|miniatura|dereita|Fronteiras de Turquía tralo tratado de Lausana.]]
O Tratado definiu as fronteiras europeas do [[Reino de Grecia]], do [[Reino de Bulgaria]] e [[Turquía|Turquía]]. Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do [[Dodecaneso]] (artigo 15), [[Chipre]] (artigo 20), [[Reino de Exipto|Exipto]] e o [[Sudán Anglo-Exipcio|Sudán]] (artigo 17), [[Mandato francés de Siria|Siria]] e Iraq (artigo 3). Os territorios do [[Kurdistán]] foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo [[Turquía|estado turco]] e a [[Unión Soviética]].
 
As fronteiras turcas con [[Arabia Saudita]] e o [[Iemen]] foron controladas por tropas turcas até o [[23 de xaneiro]] de [[1919]], en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.<ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/english/affairs/affairs_a1.html Ottoman Web Site: "Arabia (Yemen-Hejaz) Front"]</ref><ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/olaylar/olaya1.html Osmanlı Web Sitesi: "Arabistan Cephesi"]</ref>
Liña 24:
* [[Reino de Grecia]]
* [[Turquía]]
 
[[Categoría:Tratados de paz]]