Yamoussoukro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 29:
|sitio web = [http://yamoussoukro.org/ Páxina oficial de Yamoussoukro]
}}
'''Yamoussoukro''', é a capital administrativa de [[Costa do Marfil]], que conta con 100.000 habitantes. Está situada a 240  km ao [[norte]] de [[Abidjan]], a antiga capital e a cidade máis importante do país.
 
== Historia ==
=== Período colonial ===
A raíña [[Yamousso]], protexida de [[Kouassi N'Go]], gobernaba a aldea de ''N'Gokro'' durante a época da [[colonialismo francés|colonización francesa]]. Era un pequeno lugar de 475 habitantes e figuraba entre as 129 aldeas [[akué]].
 
Foron acordadas relacións comerciais e diplomáticas cos franceses, mais en [[1909]], sob a dirección do xefe de [[Djamlabo]], os akué rebeláronse contra a administración colonial. O posto de [[Bonzi]], a sete quilómetros de Yamoussoukro, na estrada [[Bouaflé]], foi incendiado e o administrador francés, [[Simon Maurice]], salvouse grazas á intervención de Kouassi N'Go. Este respectado ex-xefe persuadiu os akué para non desencadear unha guerra que podería acabar con desastrosas consecuencias.
 
Tras a volta á normalidade, Simon Maurice, xulgando que Bonzi se volvera insegura, decidiu trasladar o posto militar [[Francia|francés]] para N'Gokro, onde a administración colonial fixo construír unha pirámide en memoria de Kouassi N'Go, e, en homenaxe a Yamousso, N'Gokro foi rebautizada Yamoussoukro.
Liña 42:
 
=== Desde a independencia ===
Logo de [[1964]], o presidente Félix Houphouët-Boigny proxectou plans ambiciosos para a cidade que comezou a ampliar. En [[1965]], nun día posteriormente chamado a "Gran Lección de Yamoussoukro", visitu as plantacións cos líderes do país, convidándoos a concentrar na súa aldea os esforzos e os investimentos agrícolas da rexión. O [[21 de xullo]] de [[1977]], Houphouët-Boigny ofreceu as súas plantacións ao Estado.
 
En marzo de [[1983]], Yamoussoukro converteuse na capital política e administrativa de [[Costa de Marfil]], logo de que, no transcurso dun século, o foran [[Grand-Bassam]] ([[1893]]), [[Bingerville]] ([[1900]]) e mais [[Abidjan]] ([[1933]]). Porén a maior parte das actividades económicas seguen a desenvolverse aínda en [[Abidjan]].
 
O [[6 de novembro]] de [[2004]], o [[Aeroporto de Yamoussoukro]] foi atacado pola [[infantería]] francesa, logo de que unha razzia aérea proveniente dese aeroporto bombardease os soldados da [[ONU]], matando nove militares franceses e un civil estadounidense. No ataque francés ficou destruída a maior parte das forzas aéreas da nación. A multitude tentou logo, á súa vez, atacar as tropas francesas.
 
== Sitios de interese ==
Yamoussoukro é sede do que vén sendo declarado como o lugar de culto [[cristianismo|cristián]] de maiores dimensións do planeta: a [[Basílica de Nosa Señora da Paz de Yamoussoukro]], consagrada polo papa [[Xoán Paulo II]] o [[10 de setembro]] de [[1990]].
 
Outros sitios de interese son a [[Diga Kossou]], a [[Fundación Félix Houphouët-Boigny]], a [[Casa del PDCI-GDR]], as varias edificacións do [[Instituto Politécnico Félix Houphouët-Boigny]], o aeroporto internacional (cunha media de 600 pasaxeiros e 36 voos en 1995, é o único aeroporto de [[África]] que podía recibir o [[Concorde]]), o Pazo Municipal, o Templo Protestante, a Mesquita e mais o Pazo dos Hóspedes.