Diferenzas entre revisións de «Ebolavirus»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios)
}}
 
'''''Ebolavirus''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[virus]] que o [[Comité Internacional de Taxonomía de Virus]] (ICTV polas súas siglas en inglés) inclúe na [[familia (bioloxía)|familia]] ''[[Filoviridae]]''.<ref name=KuhnArch> Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Palacios, G.; Peters, C. J.; Tenorio, A.; Volchkov, V. E.; Jahrling, P. B. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175.</ref> As especies deste xénero denomínanse ebolavirus,<ref name="KuhnArch" /> e coñécense cinco. Catro destas especies poden causar a [[Ebola|enfermidade do virus Ebola]] en humanos, que é un tipo de [[febre hemorráxica viral|febre hemorráxica]]. As cinco especies recoñecidas polo ICTV son: ''[[Ebolavirus Bundibugyo]]'', ''[[Ebolavirus Reston]]'', ''[[Ebolavirus Sudán]]'', ''[[Ebolavirus Bosque Taï]]'' (inicialmente chamado ''Ebolavirus Côte d'Ivoire'' e tamén ''Ebolavirus Taï Forest'') e ''[[Ebolavirus Zaire]]''.
 
O nome ''Ebolavirus'' deriva do [[río Ebola]] (ás veces ortografado Ébola) da [[República Democrática do Congo]] (antes Zaire), onde foi descuberto, e o sufixo [[taxonomía|taxonómico]] de xénero ''-virus''.<ref name="KuhnArch" /> O xénero foi introducido en 1998 coa denominación "virus de tipo Ébola" (''"Ebola-like viruses"'').
 
== Organización do xénero ==
O xénero ''Ebolavirus'' está organizado en cinco especies; con todo, a súa nomenclatura é algo controvertida, e moitos autores seguen usando os nomes comúns en vez dos nomes das especies para referirse a estes virus.<ref name=KuhnArch/> En particular, o termo xenérico "virus Ebola" é amplamente usado para referirse especificamente aos membros da especie ''Ebolavirus Zaire''. En consecuencia, en 2010, un grupo de investigadores recomendou que o nome "virus Ebola" fose adoptado para unha subclasificación por debaixo do nivel de especie.<ref>A proposta feita por Kuhn et al. en 2010 suxería especificamente que ao nome "virus Ebola" se lle dese o rango taxonómico de "Virus" dentro da especie ''Zaire ebolavirus''. Na súa proposta, un "virus Ebola" sería calquera membro da especie ''Zaire ebolavirus'' cuxo xenoma diverxise da variante tipo ''Zaire ebolavirus'' (Mayinga) en menos do 10%. En xeral, os membros da especie ''Zaire ebolavirus'' poderían diverxir xenetricamente da variante tipo Mayinga ata un 30%. Como resultado, esta proposta convertía o "virus Ebola" nun subconxunto da especie ''Zaire ebolavirus'' en vez dun sinónimo da especie (aínda que dentro da "especie" só se distinguía un "virus"). A distinción de tratar o termo "virus Ebola" como un subconxunto da especie en vez de como un sinónimo da especie raramente se usa.</ref> Pero en cada "especie" do xénero só se distinguía un só "virus".<ref name=KuhnArch/> O nome da especie escríbese en cursiva e o do virus non. Os únicos que teñen abreviatura son os virus. En 2011, o [[ICTV|Comite Internacional de Taxonomía de Virus]] (ICTV) rexeitou a proposta (2010.010bV) que se fixera para recoñecer formalmente estes nomes, xa que o Comité non designa nomes para subtipos, variantes, cepas, ou outros agrupamentos a nivel de subespecie (que os especialistas usan).<ref>{{cite web|title=Replace the species name Lake Victoria marburgvirus with Marburg marburgvirus in the genus Marburgvirus|url=http://talk.ictvonline.org/files/ictv_official_taxonomy_updates_since_the_8th_report/m/vertebrate-official/4171.aspx}}</ref> Por tanto, os nomes comúns amplamente usados na práctica non son formalmente recoñecidos como parte da nomenclatura taxonómica "oficial". En concreto, no caso do "virus Ebola", este non ten un nome oficial recoñecido polo ICTV, o cal continúa usando e recomendando só o nome específico ''Ebolavirus Zaire'' (en inglés ''Zaire ebolavirus'').<ref>{{cite web|url=http://ictvonline.org/virusTaxonomy.asp|title=Virus Taxonomy: 2013 Release|author=International Committee on Taxonomy of Viruses}}</ref>
 
{| class="sortable wikitable"
; ''[[virus Ebola|Ebolavirus Zaire]]'' (contén o virus Ebola, EBOV): Tamén chamado simplemente virus Zaire ou [[virus Ebola]], EBOV, que ten a maior taxa de mortalidade, de ata o 90% nalgunhas epidemias, cunha media do 83% nos últimos 27 anos. Houbo máis estalidos epidémicos do ebolavirus Zaire que de calquera das outras especies. O primeiro ocorreu en 1976 en [[Yambuku]].<ref>{{Cita publicación periódica|author=Isaacson, M; Sureau, P; Courteille, G; Pattyn, SR;|title=Clinical Aspects of Ebola Virus Disease at the Ngaliema Hospital, Kinshasa, Zaire, 1976|url=http://www.itg.be/ebola/ebola-12.htm|accessdate=2009-07-08|ref=harv}}</ref> Os síntomas lembraban aos da [[malaria]], e aos pacientes se lles deu [[quinina]]. A tansmisión foi atribuída á reutilización de agullas non esterilizadas e a un contacto persoal estreito. É o causante da epidemia de 2014, a máis grave ata o momento.
 
; ''[[virus Sudán|Ebolavirus Sudán]]'' (contén o virus Sudán, SUDV): Igual que o virus Zaire, o SUDV apareceu en 1976, e ao principio pensouse que era identico á especie Zaire.<ref name=Lancet2011> Feldmann, H.; Geisbert, T. W. (2011). "Ebola haemorrhagic fever". The Lancet 377 (9768): 849–862. doi:10.1016/S0140-6736(10)60667-8. PMID 21084112.</ref> O SUDV crese que empezou en traballadores dunha fábrica de algodón en Nzara, [[Sudán]] (hoxe en [[Sudán do Sur]]), e o primeiro caso foi o dun traballador exposto a un reservorio natural potencial. Os científicos examinaron os insectos e outros animais locais, mais ningún deu positivo para o virus. O portador aínda é descoñecido. A falta de barreiras contra o contaxio durante a atención médica (ou "illamento de camas") facilitou o espallamento da enfermidade. O estalido máis recente ocorreu en 2004. Confirmáronse 20 casos en Yambio, Sudán, dos que cinco morreron. As taxas medias de mortalidade da infección por SUDV foron o 54% en 1976, o 68% en 1979, e o 53% en 2000 e 2001.
 
; ''[[virus Reston|Ebolavirus Reston]]'' (contén o virus Reston, RESTV): Este virus descubriuse durante o estalido epidémico do [[virus da febre hemorráxica de simios]] (SHFV) en [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] que tiñan os [[Covance|Hazleton Laboratories]] (hoxe Covance) en [[Reston, Virxinia]], EUA en 1989. Desde o estalido inicial en [[Virxinia]], volveuse a dar en primates non humanos en [[Pennsylvania]], [[Texas]], e [[Siena]], [[Italia]]. En todos os casos, os animais afectados foran importados dunha instalación de [[Filipinas]].<ref name="KnownCasesCDC">{{Cite web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|title=Known Cases and Outbreaks of Ebola Hemorrhagic Fever|accessdate=2008-08-02|author=Special Pathogens Branch CDC|date=2008-01-14|publisher=Center for Disease Control and Prevention}}</ref> Posteriormente, en Filipinas o virus tamén afectou a [[porco]]s.<ref>{{cite news|url=http://www.nytimes.com/2009/01/24/health/24ebola.html|title=Pig-to-Human Ebola Case Suspected in Philippines|accessdate=2009-01-26|date=2009-01-24|publisher=New York Times | first=Donald G. | last=McNeil Jr}}</ref> Malia a súa consideración como organismo de Nivel 4 de [[bioseguridade]] e a súa aparente [[patóxeno|patoxenicidade]] en monos, o REBOV non causou a enfermidade en ningún dos humanos expostos nos laboratorios.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|p=300}}</ref>
 
== Evolución ==
A velocidade de cambio xenético nestes virus é cen veces menor que no virus da [[influenza A]] en humanos, pero da mesma magnitude que a do virus da [[hepatite B]]. Facendo unha [[reloxio molecular|extrapolación cara ao pasado]] utilizando estas velocidades vese que o Ebolavirus e [[Marburgvirus]] diverxeron hai varios miles de anos.<ref> Suzuki, Y; Gojobori (1997). "The origin and evolution of Ebola and Marburg viruses". Molecular Biology and Evolution 14 (8): 800–6. PMID 9254917. </ref> Porén, os [[paleovirus]] (fósiles xenómicos) de [[filovirus]] (Filoviridae) encontrados en mamíferos indican que esta familia ten unha antigüidade de polo menos dez millóns de anos.<ref name="Cite pmid| 20569424"> Taylor, D.; Leach, R.; Bruenn, J. (2010). "Filoviruses are ancient and integrated into mammalian genomes". BMC Evolutionary Biology 10: 193. doi:10.1186/1471-2148-10-193. PMC 2906475. PMID 20569424.</ref>
 
== Investigacións ==
393.002

edicións