Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Rearmamento.
Sen resumo de edición
Liña 88:
A firma do Pacto xermano-soviético de non agresión de agosto de 1970 contribuíu a consolidar o ''[[statu quo]]'' europeo. O antagonismo soviético-chinés pasou das disputas ideolóxicas aos conflitos armados fronteirizos (marzo de 1969), que non se resolveron, e de xeito parcial, ata o acordo comercial de novembro de 1970.
 
No interior, aos desaxustes provocados pola nova orientación económica e á esclerose do aparato [[burocracia|burocrático]] dirixente veu a unirse a oposición de núcleos intelectuais. Os límites do «liberalismo» postestalinista, evidenciados polo arresto dos escritores Daniel e Siniavski ([[1965]]), volveron a manifestarse coa expulsión do [[Premio Nobel de Literatura]] 1970 [[Aleksandr Isaevich Solzhenitsyn]], da Unión de Escritores Soviéticos (novembro de 1969). Nos anos posteriores, unha vez encauzada a crise interna do campo socialista tralas substitucións de Gomulka por Gierek en [[Polonia]], e de [[Walter Ulbricht]] por Honecker na [[República Democrática Alemá]], a política soviética caracterizouse por unha ofensiva diplomática, apoiada na ''Ostpolitik'' de [[Willy Brandt]] na [[República Federal Alemá]], cuxo principal obxectivo era a futura convocatoria dunha Conferencia Europea de Seguridade. No [[Medio Oriente]] continuou a penetración soviética nos países árabes: acordo militar e político de 15 anos de duración con [[Exipto]] (maio de [[1971]]), acordos comerciais con [[Siria]] (febreiro de [[1972]]), [[Libia]] (marzo de 1972) e [[Iraq]] (abril de 1972). Só a retirada do embaixador dedo [[Sudán]] na URSS (agosto de [[1971]]), e principalmente a expulsión dos conselleiros militares soviéticos en Exipto (xullo de 1972) puxeron en perigo a influencia da Unión Soviética nesta zona.
 
A URSS apoiou ó [[Vietcong]] e a [[Vietnam do Norte]], pero continuou a súa política de coexistencia e entendemento con [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (conferencias sobre o desarme; visita de [[Richard Nixon]] a [[Moscova]] en [[1972]]; acordo de colaboración espacial, en agosto de 1972; visitas de Brezhnev a Estados Unidos en xuño de [[1973]] e de Nixon a Moscova en xullo de [[1974]], coa sinatura dun novo acordo de cooperación económica e outro sobre prohibición de ensaios nucleares subterráneos) e cos outros países occidentais. Por outro lado, a visita de Tito a Moscova (xuño de 1972) consolidou a reconciliación entre os dous países e o seu acordo acerca dos problemas de [[guerra de Vietnam|Vietnam]] e do [[Medio Oriente]] e da Conferencia sobre a Paz e a Seguridade en Europa, promovida pola URSS. No interior, o período anterior a 1970 caracterizouse pola relativa amplitude dos conflitos plantexados polos intelectuais soviéticos disidentes con resonancia internacional nalgúns casos, como ocorreu, por exemplo, con Sajarov e Solzhenitsyn. Tamén se produciu un recrudecemento do problema da minoría [[xudaísmo|dos xudeus]] desexosa de emigrar a [[Israel]], sobre o cal se chegou a un acordo URSS-Estados Unidos en novembro de [[1974]], e agudizáronse algúns conflitos relixiosos, coma o plantexado pola poboación católica en Lituania (maio de 1972), os nacionalistas (reorganización do Partido e os órganos de Goberno en Ucraína en xuño de 1972). En febreiro de [[1976]] celebrouse o XXV Congreso del PCUS, que confirmou e reforzou a hexemonía de Brezhnev; esta afianzouse inda máis ao cesar Podgornyi como presidente del Presídium do Sóviet Supremo (maio de [[1977]]) e asumir este cargo Brezhnev.