Mancomunidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 10:
Os montes veciñais en man común son unha [[institución]] tipicamente galega (tamén no oeste de Asturias, oeste de León e Zamora, e Portugal coa denominación de ''baldios'', antigos territorios do [[Reino de Galiza]]). O monte é dos veciños e de ninguén máis. Os montes veciñais, en comunidade romana ou xermánica ([[suevo|sueva]]), perténcelles aos veciños e non a ningún ente público territorial dos aparecidos na Galiza do [[século XIX]], cando os devanditos montes levaban xa varios séculos de funcionamento. É preciso recoñecer a contribución do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental.
 
Pero, malia a pertenza veciñal destes montes, a súa extensión territorial, as súas posibilidades económicas, así como o seu valor medioambiental convértenos en elementos transcendentais na economía galega. A causa disto, a administración pública regula o seu uso e tanto a [[Audiencia Provincial da Coruña]] como o [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]] xogan un papel fundamental. Noutrora foron fundamentais para a subsistencia dos veciños, onde alindaban o [[gado]], apañaban esquilmo ou [[estrume]], [[leña]] para facer lume, sementaban [[trigo]] ou [[centeo]], apañaban [[Piña (coníferas)|piña]]s, etc. Non existía unha verdadeira organización, senón que todos tiñan dereito, segundo conviña, de traballar ou apañar os bens do monte. Hoxe existen novos aproveitamentos, ademais dos forestais, como parques eólicos, ou incluso establecéronse naves industriais.
 
Galiza conta con 2.900 comunidades de montes que xestionan máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal, en 248 dos 316 concellos do país. A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en man común (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 Comunidades de Montes)<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/montes_man_comun/index.php Montes veciñais en man común.]</ref>. Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto é de propiedade privada individual<ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. [http://www.egu.es/ Versión en liña.]</ref>.