Bioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Etimoloxía e primeiros usos da palabra ==
A palabra '''bioloxía''' deriva da palabra [[Lingua grega antiga|grega]] βίος (''bíos'') "vida", e do sufixo λόγος (''logos'') "estudo de"<ref name="etimoloxía">{{cita web |url=http://www.etymonline.com/index.php?term=biology&allowed_in_frame=0 |título=biology (n.) in Online Etymology Dictionary |páxina-web=etymonline.com |editor=Douglas Harper |lingua=inglés}}</ref>. A forma [[Lingua latina|latina]] do termo apareceu por primeira vez en [[1736]] cando [[Carl Linnaeusvon Linné]] usou ''biologi'' na súa ''Bibliotheca botanica''. Usouse de novo en [[1766]] na obra ''Philosophiae naturalis sive physicae: tomus III, continens geologian, biologian, phytologian generalis'' de [[Michael Christoph Hanov]], un discípulo de [[Christian Wolff]]. O primeiro uso en [[lingua alemá]], ''Biologie'', foi nunha tradución de [[1771]] da obra de LinnaeusLinné. En [[1797]], [[Theodor Georg August Roose]] usou a palabra no prefacio do libro ''Grundzüge der Lehre van der Lebenskraft''. En [[1800]] [[Karl Friedrich Burdach]] utilizou a palabra nun sentido máis restrinxido no estudo do [[ser humano]] desde unha perspectiva morfolóxica, fisiolóxica e psicolóxica na obra ''Propädeutik zum Studien der gesammten Heilkunst''<ref>{{cita web |url=http://topics.info.com/Who-coined-the-term-biology_716 |título=Who coined the term biology? |páxina-web=info.com |dataacceso=11 de setembro de 2015 |lingua=inglés}}</ref>. En [[1802]] foi suxerida polo [[naturalista]] [[Alemaña|alemán]] [[Gottfried Reinhold Treviranus]] en ''Biologie oder Philosophie der lebenden Natur'', e introducida ese mesmo ano en [[Francia]] coma un termo científico por [[Jean-Baptiste Lamarck]] en ''Hydrogéolog''<ref name="etimoloxía"/>. O uso moderno do termo iniciouse no tratado de seis volumes ''Biologie, oder Philosophie der lebenden Natur'' (1802-22) de Gottfried Reinhold Treviranus, onde chega a dar unha definición desta ciencia<ref name=Richards>{{cita libro |apelidos=Richards |nome=Robert J. |título=The Romantic Conception of Life: Science and Philosophy in the Age of Goethe |ano=2002 |editorial=University of Chicago Press |isbn=0-226-71210-9 |url=https://books.google.com/?id=X7N4_i7vrTUC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |cita=The objects of our research will be the different forms and manifestations of life, the conditions and laws under which these phenomena occur, and the causes through which they have been effected. The science that concerns itself with these objects we will indicate by the name biology [Biologie] or the doctrine of life [Lebenslehre]. |lingua=inglés}}</ref>:
{{cita|Os obxectos da nosa investigación serán as diferentes formas e manifestacións da vida, as condicións e as leis baixo as que ocorren estes fenómenos, e as causas a través das cales se efectuaron. A ciencia que concirne con estes obxectos será chamada polo nome de bioloxía [Biologie] ou polo de doutrina da vida [Lebenslehre].}}