Teatro romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Teatro romano"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2016 ás 10:50

O teatro romano foi unha construción arquitectónica destinada a acoller representacións dramáticas. Construíronse por todo o Imperio, e en todas as provincias.

Teatro romano de Mérida, situado na antiga colonia romana de Augusta Emerita.

Teatros, anfiteatros e circos romano

A política de romanización dos pobos conquistados fixo que se construísen teatros, así como anfiteatros, circos, foros e templos con características moi semellantes ao longo de todo o Imperio, desde Hispania até o Levante. En Grecia e as rexións helenizadas estes edificios presentaban elementos arquitectónicos tanto romanos como gregos. Aínda que hai certas semellanzas entre circos, teatros e anfiteatros, tanto na súa construción (pedra e morteiro), como na súa finalidade, o lecer cidadán e o prestixio dos benefactores, cada un tiña funcións e formas diferentes:

  • O circo usábase para as carreiras, en especial de cuadrigas.
  • O anfiteatro era utilizado para os xogos circenses (ludus circensis) e combates de gladiadores.
  • O teatro, finalmente, era o lugar onde se representaban diferentes tipos de obras dramáticas. 

Estrutura

 
Vista do auditorium: 1) Scaenae frons 2) Porticus post scaenam 3) Pulpitum 4) Proscaenium 5) Orchestra 6) Cavea 7) Aditus maximus 8) Vomitorium , Teatro romano de Bosra, Siria.
 
Recreación artística do interior do Teatro de Pompeio de Roma mostrando otemplo de Venus Victrix(arriba á dereita)

As características principais do teatro romano derivaron nun principio das do teatro grego, xa que moitas das características xerais da arquitectura romana derivan directamente da arquitectura do período helenístico.

Os romanos tomaron como modelo o teatro grego aínda que farán algúns cambios relevantes. Os primeiros teatros romanos empregarán como materiais a madeira e o adobe e eran construídos, a miúdo, para seren derrubados despois de rematar o acontecemento que motivaba que se erixiran. O primeiro teatro romano, e o máis antigo, no que se comeza a empregar a mampostería, constrúese en Bonona (actual Boloña no período republicano polo 88 a.C., contando cun semicírculo duns 75 metros de diámetro con partes de ladrillo. A novidade arquitectónica deste teatro consistirá en ter unha estrutura totalmente autónoma e autosuficiente, baseada nunha densa rede de paredes radiais e concéntricas. Máis tarde, en tempos de Nerón, será ampliado en embelecido con mármores. Finalmente, malia que unha lei impedía a contrución de teatros permanentes, o primeiro teatro construído totalmente de mampostería será o de Pompeio no 55 antes de Cristo, levantado en Roma xunto cun templo, para evitar a lei.

Co devalo do tempo, os teatros romanos desenvolveron características específicas. A maior parte dos teatros romanos conservados seguen o modelo arquitectónico proposto por Vitrubio, constando de:

- Scaenae frons (fronte escénica), normalmente composto dunha dobre orde de columnas.

- Orchestra: semicírculo ou un pouco máis dun semicirculo fronte á escena no que sentaban as autoridades, actuaba o coro e alzábase un altar en honra a Dionisio.

- Aditus: Corredores laterais de entrada á orchestra.

- Cavea: Estrutura semicircular na que, segundo o rango social, situábanse os espectadores. Dividíase en ima cavea, media cavea e summa cavea, divididos por corredores horizontais (diazomatas). Divídese en sectores circulares (cunei).

- Vomitoria: Entradas abovedadas polas que se accedía á cávea.

- Proscaenium (proscenio): Espazo diante da escena no que se desenvolvía a acción dramática.

- Porticus post scaenam (Pórtico detrás da escena): Patio porticado con columnas detrás da escena.

Algúns teatros apoiaban a cávea sobre galerías abovedadas, mentres que noutros, os arquitectos aproveitaban a ladeira dalgún outeiro para escavar sobre ela a cávea do teatro, como sucedía do de Mérida.

O teatro podería cubrirse con toldos para protexer aos espectadores da choiva ou da luz do sol.

Ademais, moitos teatros contiñan pequenos templos na súa estrutura.

Cada clase social romana tiña o seu sitio específico no teatro: a proedria para os senadores, a ima cavea para os cabaleiros, a media cavea para a plebe libre, a summa cavea para os libertos e escravos e o matroneo para as mulleres.

Enlaces externos