Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 39:
== Antecedentes ==
=== Antecedentes históricos ===
O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para diminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. [[Józef Piłsudski]] tratou de ampliar os límites de [[Polonia]] cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de [[Rusia]] ou [[Alemaña]]. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na [[Guerra Civil Rusa]] e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de [[Europa]]. As escaramuzas fronteirizas de [[1919]] deron paso á [[Guerra polaco-soviética]] de [[1920]]. Despois da vitoria polaca na [[batalla de Varsovia]], os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a [[paz de Riga]], o [[18 de marzo]] de [[1921]], dividindo os territorios disputados entre [[Polonia]] e a [[Unión Soviética]]. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o [[Imperio Ruso]] e a [[República das dúas nacións]] antes da primeira partición de [[1772]]. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.
 
=== Negociación do tratado ===
A mediados de marzo de [[1939]], a [[Unión Soviética]], o [[Reino Unido]] e [[Francia]] comezaron a suxerir propostas comerciais e plans on respect a un possible acordo politico e military contra unha potencial aggression alemá. [[Polonia]] non participou nesas conversas, actuando así sobre a crenza de que calquera alineamento polaco coa Unión Soviética podería levar a unha seria reacción xermana. As discusións entre as tres partes centráronse en garantías potenciais aos países do centro e o leste de [[Europa]] que podían ser agredidos por [[Alemaña]]. Os soviéticos non se fiaban da honra dos británicos e os franceses para asinar un acordo de seguridade colectiva, xa que non se moverán contra os fascistas durante a [[Guerra Civil Española]] nin protexeran [[Checoslovaquia]] dos obxectivos expansionistas da [[Alemaña nazi]]. A Unión Soivética tamén sospeitaba que o Reino Unido e Francia poderían manterse á marxe nun potencial conflito entre os soviéticos e os nazis. Como resultado, os soviéticos só buscaron unha alianza militar blindada que garantise apoio contra un ataque ao seu territorio. A Unión Soviética insitíu nunha esfera de influencia que fose dende [[Finlandia]] ata [[Romanía]] para que servise de como zona de amortiguamento, e apoio military no case de que outro país atacase a Unión Soviética ou un país da proposta esfera. Tamén insistíu no dereito de entrar neses países da súa esfera no caso de que a súa seguridade estivese ameazada. Cando as conversas militares comezaron a mediados de agosto, as negociacións rapidamente quedaron estancadas no tema do paso de tropas soviéticas a través de [[Polonia]] se os alemáns atacaban, e as partes agardaron a que oficiais británicos e franceses presionasen aos polacos para que aceptasen eses termos. Porén, os oficiais polacos rexeitaron permitir ás tropas soviéticas no seu territorio porque crían que unha vez o [[Exército Vermello]] entrase en Polonia nunca marcharía. Os soviéticos suxeriron que os desexos polacos fosen ignorados e que os acordos tripartitos rematarían a pesar das súas obxeccións. Os británicos negáronse a facelo porque crían que iso levaría a que se estableceses unhas fortes relacións entre [[Polonia]] e [[Alemaña]].
[[Ficheiro:Ribbentrop-Molotov.svg|miniatura|275px|División planeada e real de Polonia segundo o pacto Molotov-Ribbentrop]]
Mentres tanto, durante meses oficiais alemáns deron a entender segredamente aos diplomáticos soviéticos que eles poderían ofrecer unhas condicións mellores que os franceses e os británicos no caso de asinar un acordo político. A [[Unión Soviética]] comezou a negociar coa [[Alemaña nazi]] agardando establecer un acordo económico mentres que ao mesmo tempo seguía negociando con Francia e Reino Unido. A finais de xullo e principios de agosto de [[1939]], oficiais soviéticos e alemáns puxéronse de acordo na meirande parte dos detalles para un posible tratado económico, dirixido cara un potencial acordo politico. O [[19 de agosto]] de 1939 concluíron o [[acordo comercial xermano-soviético de 1939]], un tratado comercial para o intercambio de materias primas soviéticas a cambio de armas, tecnoloxía militar e maquinaria civil dos alemáns. Dous días despois, os soviéticos suspenderon as conversas militares do tripartito. O [[24 de agosto]], a Unión Soviética e Alemaña asinaron o tratado político e militar que acompañou ao acordo económico, o [[pacto Ribbentrop-Molotov]]. Este pacto foi un acordo mutio de non agresión que contiña protocolos segredos para dividirse os estados do norte e o leste de [[Europa]] en esferas de influencia alemás e soviéticas. A esfera soviética inicialmente incluía [[Letonia]], [[Estonia]] e [[Finlandia]]. Alemaña e a Unión farina unha partición de [[Polonia]], coas partes ao leste dos ríos [[río Pisa|Pisa]], [[río Narev|Narev]], [[río Vístula|Vístula]] e [[río San|San]] indo a parar ás mans dos soviéticos. O pacto proporcionaba aos soviéticos un espazo extra defensivo no oeste, presentando unha oportunidade para recuperar territories cedidos na [[paz de Riga]] e unir os pobos do leste e o oeste de [[Ucraína]] e [[Bielorrusia]] baixo un goberno soviético.
 
O día despois de que os alemáns e os soviéticos asinasen o pacto, a delegación militar francesa e británica pediron unha reunion urxente co negocador military soviético [[Kliment Voroshilov]]. O [[25 de agosto]] Vo-roshilov díxolles “en vista de que a situación política cambiou, non hai ningún propósito útil para continuar as conversas”. Ese mesmo día, [[Reino Unido]] e [[Polonia]] asinaron o [[Alianza miltar anglo-polaca|Pacto de asistencia mútua anglo-polaca]]. Neste acordo, o Reino Unido comprometeuse coa defense de Polonia, garantindo preserver a súa independencia.
 
=== Invasión alemá de Polonia ===
O [[26 de agosto]] [[Hitler]] intentou disuadir aos británicos e aos franceses para que non interferisen no próximo conflito, incluso comprometéndose a que o [[Reino Unido]] tivese forzas da [[Wehrmacht]] á súa disposición nun futuro. Na medianoite do [[19 de agosto]], o ministro de exteriores alemán, [[Joachim von Ribbentrop]], entregou ao embaixador británico, Neville Henderson, a lista de termos que supostamente garantiría a paz co respecto a [[Polonia]]. Baixo eses termos, Polonia devolvería [[Danzig]] a [[Alemaña]] e debería haber un referendum no [[corredor polaco]], baseado na residencia en [[1919]], dentro do ano. Cando o embaixador polaco Lipski foi ver a Ribbentrop o [[30 de agosto]], anunciou que el non tiña o poder para asinar e Ribbentrop despedíuno. Os alemáns anunciaron que Polonia rexeitara o otrecemento xermano e as negociacións remataron. O [[31 de agosto]] unidades alemás disfrazadas de polacas escenificaron o [[incidente Gleiwitz]] preto da cidade fronteiriza de [[Gleiwitz]]. Na mañá seguinte Hitler ordenou que as hostilidades contra Polona comezasen ás 4:45 do [[1 de setembro]].
 
Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a [[Alemaña]] o [[3 de setembro]] pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara [[Varsovia]] e [[Lwów]]. O [[10 de setembro]] o comandante en xefe polaco, o mariscal [[Edward Rydz-Śmigły]], ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a [[cabeza de ponte romanesa]]. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de [[Polonia]], os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste.
 
Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a [[Alemaña]] o [[3 de setembro]] pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara [[Varsovia]] e [[Lwów]]. O [[10 de setembro]] o comandante en xefe polaco, o mariscal [[Edward Rydz-Śmigły]], ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a [[cabeza de ponte romanesa]]. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de [[Polonia]], os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste. O ministro de exteriores soviético [[Vyacheslav Molotov]] e o embaixador alemán en [[Moscova]] [[Friedrich Werner von der Schulenburg]] intercambiáronse unha serie de mensaxes diplomáticas sobre a material, pero os soviéticos porén atrasaron a súa invasión do leste de [[Polonia]]. A [[Unión Soviética]] estaba distraída por eventos cruciais relacionados coas súas disputas fronteirizas con [[Xapón]]. Precisaba tempo para mobilizar ao [[Exército Vermello]] e viron unha vantaxe diplomática agardando que Polonia se desintegrase antes de realizar o seu movemento. O [[17 de setembro]] de [[1939]] entregou a seguinte declaración de Guerra ao embaixador polaco en Moscova:
Liña 74:
 
=== Forzas en oposición ===
O [[Exército Vermello]] entrou nas rexións leste de [[Polonia]] con sete exércitos terrestres, que contabilizaban entre 450.000 e 1 000 000 de soldados, divididos en dúas frontes. O komandarm de 2º rango [[Mikhail Kovalyov]] lideraba a invasión na fronte bielorrusa, mentres que o komandarm de 1º rango [[Semyon Timoshenko]] comandaba a invasión da fronte ucraína. En total os soviéticos estaban despregando non menos de 25 divisións de infantería, 16 de cabalería e 12 brigadas de carros de combate. O número de carros superaba á suma de carros e vehículos blindados de Polonia e Alemaña, cuns 3.700 carros de combate e 380 auto-metralladoras. Por aire os soviéticos contaban cuns 2.000 avións de combate, sendo un 60% deses avións cazas [[Polikarpov I-16|I-16]] e [[Polikarpov I-15|I-152bis]]. Os bombardeiros medios, como o [[Tupolev SB|SB-2]] supoñían outro 30%.
 
En virtude do [[plan Zachód]] de defensa polaco, [[Polonia]] asumía que a [[Unión Soviética]] manteríase neutral durante un conflito con [[Alemaña]]. Como resultado, os comandantes polacos despregarn a meirande parte das súas tropas no oeste, para encarar a invasión xermana. Nese tempo, non máis de 20 batallóns debilitados, formados por uns 20.000 homes dos Korpus Ochrony Pogranicza (corpos de protección de fronteiras), defendían as fronteiras do leste. A meirande parte desas tropas eran infantería lixeira on escaso apoio artilleiro. Cando o [[Exército Vermello]] invadíu Polonia o [[17 de setembro]], o exército polaco estaba no medio dunha retirada cara a cabeza de ponte romanesa para reagruparse e agardar a axuda francesa e británica.