Diferenzas entre revisións de «Convair B-36 Peacemaker»

m
→‎Deseño: Arranxos varios
(agora faise en d:Wikidata)
m (→‎Deseño: Arranxos varios)
Coma no [[B-29 Superfortress|Boeing B-29 Superfortress]], unha cuberta de voo presurizada e a cabina estaban unidas ao compartimento dos artilleiros traseiros por un túnel presurizado equipado cun carriño con rodas para pasar a través. A tripulación era de 15 persoas: piloto e copiloto, radar/bombardeiro, navegador, enxeñeiro de voo, dous operadores de radio e oito artilleiros (3 dianteros e 5 traseiros). Existían catro literas para descanso e relaxación, así como unha cociña no compartimento traseiro.
 
O armamento defensivo eran seis torretas con canóns retractables controladas por control remoto, unha torreta traseira e unha montaxe no morro, cada unha equipada con dous canóns de 20  mm. Este foi o armamento defensivo máis poderoso nunca montado por un bombardeiro. A máxima carga de bombas era de 33t, en catro xigantescas bodegas de bombas.
 
O primeiro prototipo tiña un tren de aterraxe cunha enorme roda sinxela de 2,8 m de diámetro, pero esta configuración restrinxía o avión a só tres aeroportos en todos os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que fosen o bastante resistentes como para soportar a presión sobre o chan e os avións de produción tiñan tren de aterraxe de catro rodas.
393.002

edicións